A Porta Aberta

Volver

Microinstalacións deportivas en toda a cidade

slamelov slamelov  •  15/05/2017  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 446

Trátase de poñer instalacións de baixo custe por toda a cidade alí onde sexa posible; parques, prazas, solares e demáis espazos abertos. Canastras, máquinas de exercicios, porterías, tenis de mesa, campos de chave, obstáculos de skate, etc. A intención é que facer deporte na rúa sexa unha opción cómoda para fomentar o exercicio físico. As instalacións que puxo o concello nestes dous anos tiveron moito éxito, convén aumentar este tipo de instalacións.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Co importe indicado poderían executarse ata 2.500 m2 de espazos multideportivos de baixa esixencia, debidamente equipados (porterías, canastas, skate, e outros elementos ao aire libre), a repartir segundo unha planificación previa de acordo cos xa existentes." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.