Na Coruña Contas

Volver

Reposición e mellora de servizos área autocaravanas do Portiño

aleixo_varela aleixo_varela  •  15/05/2017  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 440

Proponse a reposición e mellora dos servizos básicos no entorno da área de autocaravanas do Portiño, moi pouco atractiva polas súas deficiencias de seguridade, limpeza, hixiene e servizos, provocando mala reputación e malestar nos turistas e propios coruñeses.

En concreto, sería necesaria a reparación integral dos aseos públicos, totalmente impracticables; a sustitución dos contedores sen tapa (provocan cheiros no verán) por outros con separación selectiva de lixo; papeleiras nos vértices; a instalación dun mapa da cidade con zonas de interese/servizos e, de ser posible, videovixilancia contra actos vandálicos e prantación de certo arborado no seu perímetro superior, para xerar unha barreira natural contra o vento e reducir o impacto visual.

Localización: Distrito 2

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Proposta de investimento: 1º. Reparación dos aseos públicos existentes, consistente en subministración de dous inodoros e dous lavabos coas súas billas correspondentes. Reposición de tubaxes de auga e iluminación, así como acondicionamento da propia caseta substituíndo xanelas e portas e eliminación de grafitis. 2º. Dotación de tres colectores para residuos inorgánicos de 800 l. e soporte de aceiro inoxidable, outros tres colectores de 240 l. de materia orgánica, tamén co devandito soporte, así como dous colectores tipo iglú de papel de 3.000 l. e outros dous de vidro tamén de 3.000 l. Así mesmo, instalarase un colector de aceite de cociña, para uso das caravanas. 3º. Subministración e colocación de catro papeleiras con soporte nas esquinas do aparcadoiro. 4º. Instalación dun MUPI tipo atril, en madeira tratada apta para exterior, e cun policarbonato para protexer o papel impreso co mapa da cidade, de medidas 1,80 m. x 1,20 m. 5º. Instalación de catro cámaras de videogravación con autonomía para un mínimo de 48 horas, conectadas co Servizo da Policía Local. Estas cámaras estarán dadas de alta e cumprirán a directiva de protección de datos. Parte proporcional de cableado e acometida eléctrica así como obra civil necesaria para as canalizacións. 6º. Plantación de sebes con arboledo autóctono ou plantas que se adapten á localización, preto do mar, como poden ser os eleagnus ou metrosideros, incluso a obra civil correspondente. 7º. Catro bancos tipo Concello, mesmo soleira para a súa instalación. 8º. Reparación de soleira de lastra nas partes que se atopan defectuosas Trátase dunha zona moi afectada polo vandalismo o cal dificulta, en ocasións, manter ditas instalacións nas condicións adecuadas." Moitas grazas pola túa participación e agardamos contar coas túas propostas o vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos