Na Coruña Contas

Volver

Melloras na Agra de Orzán

alvaroabella alvaroabella  •  14/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 419

Bicicoruña: Existe moitas zonas desatendidas, ou con unha única estación para dar servizo a unha zona moi ampla. Un exemplo é o da Praza das Conchiñas, que da servizo a toda a Agra e o Ventorrilo. Sendo barrios tan poboados, moitas veces a media mañán é complicado atopar bicis xa que saen moitas da praza, pero volven moi poucas. Por outro lado, ó existir moi poucos carrís bici (en toda a cidade), é normal que a maioría de desprazamentos se fagan en coche, polo que a densidade do tráfico e moi alta.

Por outro lado, a reforma exterior do mercado non está rematado. Existen zonas sen revestir, incluso con cadros eléctricos á vista (esquina de entrada ó garaxe do mercado) nunha zona con parque infantil. Por outro lado, poñer as xardineiras ó ras da acera non foi acertado, tendo en conta o clima chuvioso da cidade. É común que se forman charcos e a terra móvese por toda a acera.

Localización: Agra de Orzán

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa achega pero temos que etiquetala como inviable pois é multiproposta, o que fai moi complicado apoiala e votala no seu conxunto para a cidadanía.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos