Na Coruña Contas

Volver

Estacion de bicicletas municipales en Avenida de Glasgow 5

mariajosecastelo mariajosecastelo  •  12/05/2017  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 394

Punto de recollida e deixada de bicicletas

Localización: Avenida de Glasgow

Proposta en nome de: Avv San CrIstovo das VIñas

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "É un punto de préstamo de bicicletas nas proximidades do Centro Deportivo de Elviña, que tamén se está a avaliar nunha das propostas participativas para o total da cidade para dotar de acceso en bicicleta os centros deportivos públicos. O custo dunha nova base de Bicicoruña intalada, incluídas as bicicletas para manter a proporción actual de postos de ancoraxe/bicicletas é aproximadamente de 35.000€". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos