Na Coruña Contas

Volver

Instalación de beirarrúas no tramo final da rúa Monte das Moas

aleixo_varela aleixo_varela  •  11/05/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 364

Proponse a instalación e continuación de beirarrúas ata a Avda.da Pasaxe nas dúas bifurcacións do último tramo da rúa Monte Das Moas, precisamente o máis necesitado delas debido ás dificultades de accesibilidade que presenta. Ver croquis orientativo.

Localización: Monte das Moas. Distrito 6

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos