A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Mellora da iluminación do barrio de Pedralonga.

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  11/05/2017  •  Distrito 6  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 361

Xa fai anos que nos enfrentamos á problemática de que os nosos lugares e calles non están ben iluminados. Faise moi necesaria a presenza dunha boa iluminación.

Necesitamos sentirnos seguros pola noite e  ver con claridade por donde andamos, no barrio viven nenos e xente maior e ás veces faise perigoso.Podemos tropezar ou incluso levar un bo susto

E, hay que ter en conta, que en Galicia carecemos de bastantes horas de luz, sobretodo no invierno.

Pedimos unha mellora neste senso.

Localización: Pedralonga

Organización: AAVV Pedralonga

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "No barrio de Pedralonga existen un total de 159 puntos de luz, algo máis da metade de pouca antigüidade e a súa vida útil técnica non se considera aínda esgotada. A renovación e modernización do resto de puntos de luz e a implantación dalgún punto de luz en determinadas zonas nas que se requira reforzar a iluminación terá un custo aproximado de 75.000 euros IVE incluído." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.