Na Coruña Contas

Volver

Eliminación do fluor na auga da traída

anxo_gz anxo_gz  •  11/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 350

Penso que botar fluor na auga potable, é un perigo, xa moitas cidades de Europa deixaron de engadilo nas augas da traída, xa que non deixa de ser un resíduo industrial que non aporta nada a saúde, ao contrario, só problemas de saúde. Un gasto que se podería utilizar en melloras da calidade da auga e de implantanción de máis fontes públicas para beber, tanto para persoas como mascotas, ao longo da cidade en especial a longo de zonas onde a xente practica deporte como en todo o trazado do paseo marítimo.

Informe de inviabilidade

Informámoslle que a potabilizacion da auga é un gasto corrente vencellado á propia actividade. Sería gasto de investimento a compra da planta potabilizadora pero a fluorización da auga (realizada baixo unha normativa reguladora, uns estrictos controis de calidade e unha vixiancia constante dos organismos de cuenca) é gasto corrente, polo que a proposta é inviable.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos