Na Coruña Contas

Volver

Mellora da pavimentación do carril bici

pedrofn73 pedrofn73  •  10/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 345

Se pide a mellora do firme no tramo de carril bici que abarca dende a Casa dos Peixes ata a Fonte dos Surfistas, seguindo a mesma pavimentación que no resto do carril bici existente. Debido a que cada vez mais patinadores empregamos o paseo para as nosas rutas, esa zona faise moi complicada de abordar, sendo un risco para nós e para os viandantes.

Localización: Paseo Marítimo dende a Casa dosPeixes ata a Fonte dos Surfistas

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Neste tramo do paseo marítimo, cun ancho dispoñible menor que no resto e un pavimento moi irregular, sería aconsellable desprazar o carril bici á calzada, ocupando o espazo que actualmente ocupan as vías do tranvía. Para iso pavimentaríase todo o ancho da calzada e renovaríase a sinalización horizontal e instalaríanse elementos de balizamento para separar o carril bici e o tráfico. Esta proposta está recollida co número 125, cuxa solución sería tecnicamente máis recomendable. Con todo, se por imperativo deste proceso decidísese acometer a reforma do pavimento da beirarrúa, sería necesario demoler e pavimentar todo o ancho da mesma. A superficie sobre a que se actuaría sería de aproximadamente 4.500 m2 cun custo global estimado de 700.000 €". Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos