A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

PARQUE NO PORTIÑO

lrf lrf  •  10/05/2017  •  Distrito 2  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 331

Creación dun parque público no Portiño, entre as zonas de aparcamento de vehículos e autocarabanas e o bar do Portiño.

Ordenación do terreo, plantación de arborado e instalación de xogos infantís e zona para facer comidas, do mesmo xeito que a existente no entorno da praia das Lapas.

Localización: O PORTIÑO

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "As especies que se poderían plantar son moi reducidas debido á exposición aos fortes ventos salinos. Os terreos colindantes non están ajardinados polo que os labores de plantación serían máis custosas que si fóra nun parque ajardinado. O prezo unitario de plantación de arborado sería de 900 euros ud. Proponse a plantación de 10 árbores, de acordo co espazo disponible no entorno. Valórase a creación dun área infantil nova de aproximadamente 150 m² con pavimento de caucho, peche de madeira e a instalación de dous columpios, unha estrutura de tamaño medio e catro resortes. Compleméntase cunha fonte adaptada e dous bancos. Valórase todo o conxunto en 50865 €. As mesas con bancos de madeira tratada valóranse en 720 € por unidade. As mesas con bancos en granito valóranse en 2500 € por unidade". Agradecemos a túa participación nos orzamentos Participativos e esperamos volver contar cos túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.