Na Coruña Contas

Volver

REXENERACIÓN PRAIA DE BENS

lrf lrf  •  10/05/2017  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 327

Levar a cabo os traballos necesarios para a rexeneración da praia de Bens e acadar a distinción de bandeira Azul.

Localización: PRAIA DE BENS

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Os custos de limpeza, acondicionamento e rexeneración da praia alcanzarían o 1.107.831,46 euros, polo que supera a cantidade máxima para prospotas de cidade dos Orzamentos Participativos. O custo medio de rexeneración do metro cadrado neste caso está ao redor de 70 euros. Tendo en conta que se trata dunha superficie de 6600 metros cadrados e que a intervención tería que realizarse ata os dous metros cadrados de profundidade, o prezo ascendería a 924.000 euros. Ademais para conseguir a bandeira azul a praia debe de ter unha serie de servizos que requiren de investimentos, como o acondicionamento de aparcadoiros (125.055 euros) e dos accesos á praia (11.340), a caseta de socorrismo (9.000), a iluminación (27.952,65), as papeleiras (660), unha acometida de auga (265), ducha e lava pés (2700), ocultación vexetal PVC hidrocarburos (669,15), limpeza e naturalización, perfilado e refino de árido groso no cauce do río (969,15) e limpeza, roza e poda de accesos peatonais a praia (5220,06)". Agradecemos a túa participación nos orzamentos Participativos e esperamos volver contar cos túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos