Na Coruña Contas

Volver

Aumentar a extensión do parque grande de Novo Mesoiro que da a Pocomaco

miguelafr miguelafr  •  09/05/2017  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 317

  Actualmente en frente da rúa Illas Cíes hai uns terreos nos que unicamente hai maleza e un cartel do concello que prohíbe depositar escombros. Non sei de quen é a titularidade destes terreos, pero quizáis poderíanse arranxar para que sexan a continuación do parque que hai ó outro lado da escola A Caracola, continuando o camiño de terra que vai por detrás da escola e substituíndo a maleza por herba. Ademáis, para que siga a mesma liña co resto do parque, poderíase usar o mesmo tipo de varanda de madeira que se usa no parque, poñer algún banco e algunha máquina biosaludable.

Localización: https://goo.gl/maps/P99FaGW3ZQo

Informe de inviabilidade

A proposta non é viable porque a superficie necesaria para a ampliación do parque non é de titularidade municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos