Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha pequena praza nas confluencias da Rúa Marconi coa Rúa Mondoñedo

A. Martínez A. Martínez  •  09/05/2017  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 313

Actualmente este pequeno espazo no barrio de Monte Alto é un recuncho frío e inhóspito, cheo de coches, sen beirarrúas nin espazo para o peón.

Propoño a creación dun espazo de estancia, con arbolado e vexetación, que permita a instalación de terrazas e xenere un recuncho agradable para a poboación. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Proponse a creación dunha zona peonil claramente diferenciada dos pavimentos adxacentes na actualidade de formigón. Para iso, deséñase unha praza de aproximadamente 300m2 cun pavimento sobre elevado 15cm da cota actual, mediante un pavimento de laxas de granito. Para iso valorouse a demolición total das laxas de formigón existentes e saneo da base. Aproveitaranse ditas actuacións de demolición para realizar as conexións das baixantes dos edificios, creación dunha rede de pluviais para a súa conexión futura á nova rede de pluvial non existente na zona. Así mesmo, realízase unha rede de servizos municipais, iluminación e de acometidas eléctricas subterráneas en previsión a realizar un traslado de liñas aéreas sobre fachada a subterránea. Instalaranse bancos e xardineiras segundo a distribución da praza final (3 bancos e 2 xardineiras como elementos diferenciadores de espazos). Dado que non se restrinxirá o tráfico polas rúas Marconi nin Mondoñedo, a solución exposta pretende crear unha zona claramente reservada para peóns, obrigando a circular cunha velocidade moi reducida ao tráfico, mediante unha praza elevada, empedrada, e franqueada por elementos urbanos que impidan o estacionamento no espazo peonil creado. Na valoración contemplouse a demolición completa da calzada existente e execución dun novo pavimento de laxas de granito, instalación dunha nova rede de pluviais, novos sumidoiros, canalizacións eléctricas, iluminación e mobiliario urbano. O final da actuación estará definido polas rúas Marconi e Mondoñedo, cunha posible continuación futura en tipoloxía de pavimento en actuacións futuras polas citadas rúas. A valoración a actuación completa é de 104.600€ IVE incluído". Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos