Na Coruña Contas

Volver

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO E DANZA

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 311

Creación dunha escola municipal de teatro e danza na cidade.

Localización: COMANDANCIA DE OBRAS

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A creación dunha escola superior de arte dramático similar á existente en Vigo tería un custo significativamente superior ao millón de euros (no caso de Vigo este custo foi superior aos 6 millóns de euros). De optarse por un modelo de formación non regrada con sede nalgunha das instalacións municipais, como o existente noutras localidades como Narón, o custo sería sensiblemente inferior e unicamente afectaría á adaptación das instalacións e a adquisición do equipamento necesario. Aínda que sería necesario determinar con carácter previo a instalación municipal na que se situaría a sede da escola, podemos aventurar un custo aproximado de 420.000 euros, dos que 180.000 corresponderían á dotación de equipamento escénico e 240.000 euros á adaptación de espazos, pequenas obras de reforma e adquisición de mobiliario." Agradecemos a túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos .


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • myriamgoluboff@gmail.com

    Me faltó otro millón para poder elegir lo que creía importante. Intenté equipar la ciudad para la juventud a pesar de las importantes propuestas de carácter ecológico. En la ciudad hay una escuela municipal de música. Quizás otra de danza teatro y quizás también de comic y artes visuales con espíritu abierto y lúdico para la juventud sería un equipamiento interesante en Coruña. Lo de un cine como el Fórum en el centro lo tenemos en Durán Loriga, quizás se debería mejorar la sala.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos