Na Coruña Contas

Volver

SUPERMAZÁ OS MALLOS

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 300

Comezar a desenrolar o plan de mobilidade con unha supermazá delimitada polas Rondas de Nelle e Outeiro e as Avdas de Arteixo e Os Mallos.

Deixando soamente a rúa Sofía Casanova para aparcamento de residentes.

Trátase dunha zona pouco transitada debido á ser unha das poucas áreas que conservan un urbanismo de vivenda unifamiliar.

Podería tratarse dunha boa oportunidade de comezar a estudiar estes novos modos de mobilidade na nosa cidade.

Podería comezarse con una actuación moi branda, como pode ser a restrición do tráfico e continuar ampliando con medidas de humanización das rúas interiores.

Localización: OS MALLOS

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Proponse a reordenación das rúas que compoñen a mazá urbanística delimitada polas avenidas Baños de Arteixo, Avenida dos Mallos e a Rolda de Outeiro e Ronda de Nelle mediante a execución de pasos peonís elevados como medidas redutoras da velocidade e un estudo da sinalización e uso das rúas, promovendo o uso residencial e humanizar as vías interiores. Valorouse a demolición do pavimento peonil existente e a creación de novos pasos de peóns con baldosa podotáctil. Incluíuse a continuidade e extensión da rede de iluminación municipal e da rede de datos ata os pasos de peóns para a posible dotación de rede de comunicacións e iluminación para a zona peonil. Contemplouse a adecuación e instalación de novos sumidoiros en ambas as dúas marxes dos pasos peonís co fin de liquidar a acumulación de auga característica dos pasos elevados. O firme considerado é o dunha calzada de HM-20 cun espesor nunca inferior a 15cm, incluíndo a demolición parcial en forma de caixeado para a execución de ramplas. Instalaranse novos sinais verticais de precaución e proximidade de paso de peóns. A valoración unitaria para a creación de novos pasos peonís elevados en vías de formigón, incluída a dotación de servizos para comunicación, datos e iluminación é de 13.703,25€ /unidade IVE incluído, polo que se poderían realizar un total de 4 novos pasos peonís elevados. Así mesmo, valorouse a actualización de sinalización vertical e horizontal en 5.687,00€ IVE incluído para a reordenación do tráfico. Valorouse a actuación completa nun importe total de 60.500,00€ IVE incluído". Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos