Na Coruña Contas

Volver

PARADA BICICORUÑA NO MERCADO MUNICIPAL DE RAMÓN CABANILLAS

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 299

Trala instalación dun ascensor na zona, seguir con medidas encamiñadas á dinamización deste descoñecido Mercado Municipal, central nos barrios de Sagrada Familia e Os Mallos.

Propónse a instalación dunha parada de Bicicoruña nese punto.

Localización: MERCADO MUNICIPAL RAMÓN CABANILLAS

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: “Existe xa unha proposta para a toda cidade na que se solicita a implantación dunha base de Bicicoruña nas inmediacións dos mercados municipais, incluído o Mercado Municipal de Ramón Cabanillas. O custo dunha nova base de Bicicoruña instalada, incluídas as bicicletas para manter a proporción actual de postos de ancoraxe/bicicletas, é aproximadamente de 35.000,00 €”. Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos