A Porta Aberta

Volver

BICICORUÑA NOS MERCADOS MUNICIPAIS

lrf lrf  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 297

Creación de sinerxias entre os servizos municipais de Bicicoruña e os Mercados Municipais.

Aumentando a visibilidade dos mesmos e a afluencia de xente moza a eles.

Localización: MERCADOS MUNICIPAIS

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Para facilitar un novo xeito de acceso aos mercados municipais e como medio para potenciar o seu uso, consideramos a instalación de bases do sistema público de préstamo de bicicletas, Bicicoruña, naqueles que non dispoñan unha base nas súas inmediacións. Os mercados municipais que se localizaron sen unha estación de Bicicoruña próxima son: Mercado de Santa Lucía, Mercado Municipal da Praza de Lugo, Mercado Municipal de Monte Alto, Mercado Municipal de Palavea, Mercado Municipal de Ramón Cabanillas e Mercado Municipal de San Agustín. Dado que o prezo dunha nova base de Bicicoruña instalada, incluídas as bicicletas para manter a proporción actual de postos de ancoraxe/bicicletas é aproximadamente de 35.000€, as SEIS estacións previstas terían un custo de 210.000€". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.