Na Coruña Contas

Volver

Habilitación dun carril para vehículos sobre a depuradora

A. Martínez A. Martínez  •  09/05/2017  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 292

Sobre a actual depuradora de augas da cidade existe un corredor de terra pechado que comunica o paseo do portiño coa zona da refinería e que empregouse no seu momento para a construcción da mesma.

A proposta consiste no asfaltado e iluminación da vía para permitir unha mellor comunicación do núcleo de nostián co resto da cidade na zona do portiño, evitando a estrada estreita e chea de curvas que sube ata o parque de bens. 

Informe de inviabilidade

Moitas grazas pola túa proposta pero temos que etiquetala como inviable pois o corredor ao que te refires é de titularidade do Ministerio de Medio Ambiente e, polo tanto, non municipal.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos