Na Coruña Contas

Volver

Rede de carril bus e carril bici

pablo.mera.montecelos pablo.mera.montecelos  •  26/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 23

Segue sendo unha prioridade para a cidade a mellora do transporte público para a disminución progresiva dos vehículos privados. Que permitirían a peatonalización progresiva de moitas áreas da cidade co fin de devolver as rúas aos peóns.

Compre establecer un circuito de carril bus que permita reducir os tempos de traxecto, de manera que sexa un transporte mais operativo.

Do mesmo modo, resulta necesaria unha rede de carril bici onde os cidadán poidan circular a salvo dos coches.

Informe de inviabilidade

Agradecemos moito a túa interesante achega pero temos que etiquetala como inviable por ser multiproposta pois contén dúas propostas diferenciadas: o carril bici e o carril bus. Animámoste a que as presentes por separado para poder declaralas como viables.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lulaga

    Esta proposta paréceme fundamental porque é necesario sacar as bicicletas das beirarrúas, os peóns tamén necesitan poder circular sen perigo e agora, salvo excepcións, os ciclistas non parecen entender que están invadindo un espazo que non lles corresponde e circulan pola beirarrúa como se fose unha vía de tráfico rodado.

    Sen respostas
  • myriamgoluboff@gmail.com

    Parece una propuesta importante tanto la recuperación del carril bus como la red de carril bici. A pesar de lo que se opina, el clima de Coruña permite el uso de bicis y para quien no puede andar en bici donde hay pendientes están las bicis eléctricas que pueden utilizarse. Creo importante que las bicis se puedan retirar con la misma tarjeta que se utiliza para los buses sin toda el proceso actual.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos