Na Coruña Contas

Volver

Acupuntura urbana: Tapón en Eirís - Fray Pedro Payo con Jerónimo Vázquez Franco

antonioprado antonioprado  •  05/05/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 222

Na intersección entre Fray Pedro Payo Piñeiro e Jerónimo Vázquez Franco, hai unha pequena finca que impide a unión da beirarrúa de ambas vías, impedindo o enlace coa Avda. de Lamadosa, pola que accede un alto número de persoas do CHUAC, o Parque de Eirís etc., un enlace principal entre o núcleo de Eirís co barrio do Castrillón. 

- Obriga ás veciñas a cruzar pola estrada nun punto moi perigoso pola baixa visibilidade. - Existen automóbiles estacionados incorrectamente, creando un risco vial no desvío. - Non permite un paso fluído nunha vía cun alto tránsito.

Proponse:

- A expropiación baixo acordo coa persoa propietaria do solar que crea o tapón. - Unión da beirarrúa entre as vías antes mencionadas. - Creación dunha plataforma vexetal que impida estacionar incorrectamente. - Creación dun espazo con bancos nese espazo que se gañaría no actual solar.

 

Localización: Intersección da rúa Fray Pedro Payo Piñeiro con Jerónimo Vázquez Franco

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Parte dos terreos están incluídos no ámbito do Plan parcial do Parque de Eirís aínda pendente de finalizar o desenvolvemento urbanístico, polo tanto, é inviable dentro do programa de Orzamentos Participativos deste ano". Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas o vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos