Na Coruña Contas

Volver

Plan de xogos no parque grande de Novo Mesoiro

viladacosta viladacosta  •  04/05/2017  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 199

Instalación de maior oferta de xogos e gincanas, coma poden ser muros de escalada, monticulos con tobogans, pasos de madeira... que se esparzan polo parque aproveitando o tamaño de este. Actualmente os xogos encontranse nun reducido espacio, concentrandose toda a actividade alí e deixando inútil o aproveitamento do parque. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "No barrio de Novo Mesoiro o espazo verde dispoñible é suficiente para agrandar a zoa de xogos infantís. Supoñendo un novo parque de xogos de unha superficie aproximada de 500 m2, con zoas de caucho e outras de céspede, incluíndo movemento de terras, cerramentos, alumeado e servizos municipais, o custo sería de 195.000 € instalado." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos