Na Coruña Contas

Volver

Mediana Ronda Outeiro Verde

plati plati  •  04/05/2017  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 184

Sendo o barrio do Agra do Orzán o mais populoso da cidade, è una magoa que no urbanismo destaque sobre todo cemento e mais cemento. Calquera se decata cando ao transitar pola Ronda de Outeiro chega ao barrio. Dende a Avenida Fisterra ata a rúa Manuel Deschamps, a mediana da Ronda deixa de estar axardinada para convertirse en mais cemento para colmo. Reflexo do propio barrio!

 

Axardinar a sua mediana conleva varias ventaxas: Humanizar o barrio e convertilo en menos agresivo para transeuntes na sua principal vía. Obstaculiza o transito indebido de peatóns pola mediana reducindo a probalidade de atropelos por cruzar indebidamente. Escaso gasto económico na obra. etc…

  

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Considéranse para esta valoración dous tramos na zona proposta: un entre a Avda. Fisterra e a rúa Alcalde Lens e outro entre a rúa Agra do Orzán e Manuel Deschamps. O tramo intermedio non se considera pois o ancho actual non permite esta actuación. Desta xeito serían un total de 530 metros lineais cun ancho medio de 1.5 m nos que se demolería a actual mediana coa reconstrución do bordo, para posteriormente proceder a impermeabilizar a superficie e colocar a drenaxe de fondo, sobre o que se botaría terra vexetal que será tratada e sememtada de céspede. Tamén habería que instalar o correspondente rego automático." Grazas pola túa participación e esperamos contar coas túas propostas o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos