Na Coruña Contas

Volver

Incrementar a cantidade de semáforos e pasos de peóns na Avenida de Pedralonga

a.vv.pedralonga a.vv.pedralonga  •  01/05/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 150

Nos últimos meses xa contamos con mais pasos de peóns no barrio e cambiamos algún ante o perigo que supoñía para os veciños a súa disposición . Pero creemos que é importante a colocación dalgún semáforo mais ,sobre todo no tramo da Avda de Monserrat, xa que a presencia de pasos para peóns ás veces non é respetada pola xente que circula en coche.

Ante os últimos accidentes e ante a velocidade coa que circulan os coches por esa zona ,creemos que é necesaria a presencia de máis semáforos e así poder sentirnos máis protexidos. Os peatóns son  siempre os que se atopan en desventaxa ,e os nosos veciños teñen que poder pasear polo barrio seguros.

Proposta en nome de: Asociación de Vecinos de Pedralonga

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Na zona referida existen na actualidade e despois das últimas modificacións para mellorar a seguridade da vía 3 pasos de peóns sen semaforizar. Contémplase semaforizar os tres pasos, a instalación dun regulador, a súa acometida eléctrica e todos os elementos para o seu correcto funcionamento e a súa conexión coa sala de control de tráfico. Así mesmo é necesario construír uns 380 m de canalizacións subterráneas en beirarrúa e 3 cruces de calzada. O orzamento de todos os elementos necesarios ascende á cantidade de 100.700 € IVE incluído." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos