Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Calle Jose Echegaray

mcarballal mcarballal  •  01/05/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 131

Solicito a humanización da Rúa Jose Echegaray. Tratase dunha rua de único senso de apenas 100 metros de longo, que non soporta apenas tráfico, trafico que limitase a entrado as garaxes dos edificios colindantes. Un espacio que pode ser perfectamente recuperable para o peatón e para os rapaces. Precisamos cos nosos nenos e nenas poidan volver a ocupar o espacio público e esta é unha boa oportunidade para facer un entorno máis agradable no barrio, carente de espacios peatonais. A Rua Jose Echegaray esta rodeada por edificios de moitas prantas, moi pegados uns os outros e donde o volumen de edificación de demasiado grande. Conta con moitas vivendas e moita población que precisa areas recreativas.

Localización: C/ Jose Echegaray 15006 Os Castros.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos