Na Coruña Contas

Volver

Iluminación das pistas de terra no parque Novo Mesoiro

miguelafr miguelafr  •  30/04/2017  •  Distrito 4  • 

Código proposta de investimento: 130

As pistas de terra do parque Novo Mesoiro úsanse bastante para pasear e correr, pero a maior parte destas pistas non están alumadas. Isto provoca que non se poidan usar durante unha gran parte do ano a partir das 6 ou 7 da tarde. Bótase de menos algún tipo de ilumación. Non é necesaria unha iluminación excesiva, simplemente poder ver o camiño para poder camiñar ou correr.

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Comprácenos informarche de que hai redactado un proxecto municipal que dá satisfacción á túa solicitude, e cuxo orzamento base de licitación é de 179.776,65 euros. Actualmente atópase en proceso de contratación. Estímase que estará executado dentro do ano 2017." Moitas grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos