Na Coruña Contas

Volver

PROPOSTA PAISAXÍSTICA :A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS

psexto psexto  •  30/04/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 119

Nesta proposta propoñemos 5 obxectivos moi concretos:

(1) Reducir o espazo mineral e ampliar o espazo verde introducindo distintas programacións como poden ser un xardín de flores e un céspede para o repouso. Isto significa romper coa tradición dos espazos minerais que existen na cidade e dar máis importancia aos espazos verdes

(2) Solucionar o problema do forte vento que ven da Avenida do Exército utilizando un contravento natural composto de árbores e arbustos que diminúan a velocidade do vento

(3) Considerar o engadir actividades recreativas e deporti­vas para distintos grupos xeracionais. Xa existe un espazo para os máis pequenos pero se necesitan espazos tamén para os adoles­centes e para os máis maiores.

(4) Reducir o custo de mantemento é de construción ao introducir máis elementos vexetais

 

Localización: Ramón e Cajal

Informe de inviabilidade

Agradecemos a túa achega pero é inviable por ser multiproposta, o que a fai moi complicada de apoiar. Animámoste a dividila en propostas diferentes para que a cidadanía poida apoiar as que desexe.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos