Na Coruña Contas

Volver

As leiras urbanas

psexto psexto  •  30/04/2017  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 110

   As hortas de ocio ou leiras urbanas son parcelas para o cultivo, en terreos do concello, xestionados na maioría dos casos polo mesmos concellos ou colectivos de cidadáns, mediante a cesión temporal para o seu uso. Permiten a recuperación de  espazos urbanos, a educación ambiental e a creación de espazos de  socialización. En moitos casos están destinados a un segmento  concreto da poboación como  xubilados, desempregados, nenos, ou a persoas en risco de exclusión social.  No noso barrio temos varias zonas que se poden aproveitar para este uso. Son medidas que precisan pouco orzamento e conseguen un gran beneficio para o barrio e a cidade, son proxectos que acaen perfectamente para a época que estamos a vivir. 

Localización: Os Castros

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos