Na Coruña Contas

Volver

Humanizar o barrio

psexto psexto  •  30/04/2017  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 107

Habería que acondicionar paneis e paredes no barrio, para fomentar a expresión artística na rúa, tal e como se ten feito noutras zonas da cidade. Deste xeito a veciñanza vería como a través dos grafites se poden poñer en valor zonas que ás veces están moi degradadas, tamén implicaríamos a xente nova no coidado do mobiliario urbano ao tempo que darían a coñecer formas de expresión alternativas e que non adoitan contar con espazos para a súa exposición.

Non temos máis que observar como se ten tratado esta cuestión nalgunhas cidades europeas nas que estas formas de expresión chegan a formar parte das rutas turísticas. Dende a nosa Asociación instamos ao Concello a que acondicione zonas para este tipo de arte, contando coa opinión de veciños e veciñas para acordar onde é o mellor sitio para expor murais ou grafites.

Localización: Gaiteira Os Castros

Proposta en nome de: Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 20 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Lucho Núñez

    Si e penso que o cto cívico de Castro de Elviña debía de cambiarselle o nombre por ctro. Cívico Elviña-Castro como e AAVV. Os Rexumeiros de Elviña-Castro fundada o día 22de noviembre de 1977 por Mlo. Bermúdez Chao presidente Mlo. García Casas secretario. O escritor Mlo.Rivas. tesorero Clos Máceiras .e un Servidor socio fundador e colaborador José Gabriel Núñez Rodríguez Lucho.
    E AAVV. máis soberana de a cudade de A Coruña e a usa área Metropolitana .E quizás unha das de Galicia.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos