Na Coruña Contas

Esta persoa usuaria non acepta mensaxes privadas.

slamelov slamelov

Comentarios
Humanizar o Paseo Marítimo
Está demostrado que máis velocidade ou carrís perxudican á circulación. É unha barbaridade tal e como está agora, o que hai que potenciar é transporte alternativo, como fan nas cidades modernas. O coche hai moito que se converteu nun problema, non nunha solución, e nesa liña hai que actuar. As cidades que seguiron o modelo de potenciar o transporte a pé, bici ou transporte colectivo, melloraron a calidade de vida, e A Coruña non é unha cidade tan grande como para ter que ter unha autoestrada no paseo marítimo. Mira San Sebastián, por exemplo. Deixemos de pensar no coche e pensemos en outros medios, os 70 xa quedaron moi lonxe. Necesitamos solucións modernas e respectuosas coa contorna.
Humanizar o Paseo Marítimo
Non estou a falar de peonalización, para iso fai falta ter o tren de cercanías. Por iso dicía que non está a ler o que poño. Falo de humanizar, de facer que o paseo marítimo non sexa unha autoestrada onde os coches vaian a 80 km/h, como ocorre agora. E de paso, reducir o seu número, o cal non é o mesmo que peonalizar. Poñendo pasos peonís ao mesmo nivel que as beirarrúas, aumentando o seu número e tamaño e eliminando semáforos para priorizar os peóns, abonda para humanizar todo o paseo, como indico na proposta. Se os coches queren pasar, poderán facelo, pero a outro ritmo. Tamén hai que sacar o carril bici á estrada, especialmente no tramo entre Escravas e Millenium, ocupando o espazo aos vehículos, non aos peóns. O da Mariña non ten nada que ver co que propoño, eso foi unha desfeita.
Humanizar o Paseo Marítimo
Os novos modelos de mobilidade pasan pola redución de semáforos e priorizar os pasos peonís, e para iso ten que haber unha redución da velocidade, o cal conséguese aumentando os pasos peonís, facéndoos elevados e deixar os semáforos so para cruces imprescindibles. As pasarelas peonís elevadas están so aconselladas para vías de alta capacidade, incluso neses casos considérase que é mellor un paso subterráneo... para os vehículos, nunca para peóns, porque se non, volvemos ao mesmo, priorizas os vehículos. Non pode ser que para cruzar o paseo marítimo haxa que subir unha pasarela de 5 metros, non é priorizar o peatón, que é o que se pretende. En moitas cidades seguen ese esquema, por exemplo, San Sebastián, por poñer unha cidade semellante. O modelo de pasarelas é dos 70 e 80.
Pasos peatones elevados en inmediaciones Centros Escolares
Coido que non se refire a pasarelas elevadas, se non a pasos de cebra en badén, á mesma altura que as beirarrúas, pero uns 30 cm por riba do asfalto, para que os coches teñanque reducir a velocidade.
Humanizar o Paseo Marítimo
Como non os deseñen invisibles, afectan á visión, eso é un feito. Poderán ser todo o bonitos que queiras, pero taparán a visión do que haxa detrás. Le ben a proposta. É eliminar semáforos porque os pasos peonís teñen prioridade sobre os vehículos. E a dificultade de ter que ir por unha pasarela é porque hai que subir e ter unha pendente axeitada tanto para persoas como para cadeiras de rodas, o cal alonga a distancia que hai que percorrer en comparación con cruzar directamente por un paso peonil elevado. Elevado para que os coches non podan ir moi rápido, que é o que acontece agora. Uns 30 cm ou así. Os buses urbanos teñen un problema fundamental, que van por onde van os vehículos, o cal fai que sexan ineficientes por moito que melloren as liñas (que o están a facer). Todo pasa pola reducción de vehículos, aínda que na humanización do paseo ben podería haber un carril bus de ida e outro de volta. http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/03/06/tren-unir-comarca/1048196.html
Reposición do Tranvía para os meses turísticos.
O tranvia turístico foi un fiasco que provocaba perdas millonarias. Outra cousa sería aproveitar as vías para un metro lixeiro conectado co tren de proximidade, ampliando pola ronda de Outeiro, eso xa sería outra cousa. Pero sáese do orzamento e das competencias.
Humanizar o Paseo Marítimo
Da igual no sentido de que afecta a visión, aparte do xa comentado da dificultade para que as usen as persoas para cruzar. O da balaustrada e o seto é outro tema, non sei se iso xa sairía do orzamento, a proposta vai na liña de humanizar reducindo vehículos, velocidade e fomentando a mobilidade peonil e de bicicletas. Si hai proxectos alternativos, como o tren de cercanías, de feito as infraestruturas xa están, habería que melloralas. Hai varios proxectos nesa liña. Ademáis, para moitos desprazamentos no paseo tamén hai alternativas; camiñar, bus e bici. Humanizando o paseo poténcianse esas alternativas.
Iluminacion LED
Si, pero ollo: https://www.youtube.com/watch?v=v_2yhSczQ1A O uso de LED tamén implica máis potencia lumínica, o cal afecta a contaminación lumínica. Hai que usala "con sentidiño"
Reforma e humanizacion Calle Barcelona
E eliminar os semáforos recentemente engadidos nos últimos coletazos do goberno de Negreira.
Crear unha pasarela peonil e de bicicletas entre As Xubias e Santa Cristina
Entendo o informe de inviabilidade, supoño que haberá que contar coa autorización de Fomento e, no caso de que a pasarela non fora ata a parte de Santa Cristina que é do Concello da Coruña, tamen coa colaboración do Concello de Oleiros. En todo caso, coido que é unha medida que axudaría a mellorar a mobilidade, especialmente no verán, agradezo que a valoren para o seu estudo.
Humanizar o Paseo Marítimo
Da igual o deseño, son estructuras que tapan a vista nunha zona de valor paisaxístico. A mobilidade peonil a perxudica porque hai que subir ramplas para poder cruzar, e deberán ter a altura necesaria para que poidan pasar camións no caso de que tiveran que pasar. Tes varios exemplos na cidade, por exemplo en Alfonso Molina, Avda de Arteixo ou Matogrande. Os pasos peonís a unha altura de 30 cm con respecto a calzada, pero ao mesmo nivel que as beirarrúas, e máis anchos, priorizan os peóns sobre os coches, algo que non fan os semáforos. Ademáis, o custo é menor e obrigan a que os vehículos circulen máis despacio. Comparto totalmente que o aparcadoiro ten que volver a propiedad pública, pero a concesión, se non me equivoco, fíxose por 35 anos, e habería que indemnizar á empresa no caso de remunicipalizala. E sairía do presuposto. Ademáis, meter vehículos en superficie no propio paseo, é algo que afea, trátase de humanizar, de reducir vehículos, e que os vehículos vaian máis lentos.
MOVILIDAD: Peatonalización + Aparcamientos
Considero que o modelo ten que ser outro, é dicir, a redución de vehículos privados. E para iso, hai que fomentar o uso de alternativas; tren de cercanías, buses, bicicletas e peóns. Eso é o que fan nas cidades europeas modernas, os aparcadoiros en edificios son dos anos 70. Hai que crear aparcadoiros disuasorios nas aforas e logo comunicalos ben. Se facilitamos o uso dos coches, non se vai reducir o seu número, que é o que hai que facer. Pensemos no cambio climático.
naturalizar os entornos escolares
Paréceme unha boa proposta, a cal engadiría a de eliminar os aparcadoiros dentro dos centros de ensino e aproveitar o espazo para as actividades escolares, instalacións ou o que sexa, calquera destas cousas será mellor que ocupar o espazo con vehículos.
Humanizar o Paseo Marítimo
Unha aclaración, cando falo de pasos peonís elevados, non me refiro a pontes ou pasarelas, refírome a pasos de cebra con badén, 20 cm por enriba da estrada. Igual non se entende ben.
Eliminar a mediana da rúa Curros Enríquez e mellorar a mobilidade
A mediana non ten utilidade e estreita a estrada. De feito os coches teñen dificultade para desaparcar pola mediana. O dos pasos de peóns é para facilitar cruzar a rúa e impedir exceso de velocidade. Ao remate da rúa Don Bosco, hai unhas escaleiras e unha rampla, moita xente sube por aí e logo cruza para ir ao CEIP Zalaeta. Un paso de peóns tería lóxica nese punto.
Humanizar o Paseo Marítimo
Non o vexo, as pasarelas elevadas terían un impacto visual tremendo, dificultarían a mobilidade peonil e non solventaría o principal problema; o excesivo tráfico a gran velocidade. Usar o aparcadoiro como túnel, eliminaría prazas de aparcamento que tampouco axudarían. A idea é facer máis "humano" o paseo, reducindo o impacto dos vehículos.
Espacios de parkour
Aínda que eu non practico ese deporte, coido que a mocidade necesita espazos, sexa Parkour, Skate ou zonas de BMX. A o ferta para chavalada a partir dos 12 anos, non é moi elevada. Apoio totalmente a proposta.
Eliminar a mediana da rúa Curros Enríquez e mellorar a mobilidade
Pero unha proposta non pode depender da ilegalidade que cometa unha empresa. O interés xeral debe prevalecer. Además, hai unha recomendación de bombeiros para quitarla porque dificulta unha intervención. Se hai coches, o camión non pode poner os soportes para subir a escaleira e terían que levar un máis pequeno.
Eliminar a mediana da rúa Curros Enríquez e mellorar a mobilidade
Estar en dobre fila está prohibido, e non creo que haxa espazo para a dobre fila aínda quitando a mediana, por alí pasan buses, furgonetas...
Aparcadoiros públicos e cubertos para bicis
Parece unha iniciativa moi interesante, ademáis permite a utilización de todo tipo de bicicletas, axudan á conservación das de aluguer. Se económicamente é viable, paréceme moi boa iniciativa. A foto na que aparece instalada nun aparcadoiro é moi explicativa.
Crear unha pasarela peonil e de bicicletas entre As Xubias e Santa Cristina
Si, se é viable e ten apoios, as persoas de urbanismo do Concello valorarán o mellor tramo, eu non son técnico e on sei cal é a mellor opción. É certo o que dis, hai unha parte de Santa Cristina que pertence ao Concello da Coruña
Aparcadoiros públicos e cubertos para bicis
Apoio á proposta e engado que sería interesante montar aparcadoiros de bicis en todos os centros educativos públicos da cidade, e poñer estacións de Bici Coruña en todos os edificios da administración, museos, centros deportivos, etc. A proposta non suporía un gran investimento e contribuiría á reducción do uso de vehículos privados.