Na Coruña Contas

Esta persoa usuaria non acepta mensaxes privadas.

slamelov slamelov

Comentarios
Canil no parque Carlos Casares.
Precisamente, un xeito de evitar o problema é ter un espazo acotado e que os cans poidan estar soltos sen problemas ou riscos. Os cans non poden estar atados todo o día, teñen necesidades. E para evitar que estas necesidades dos cans non afecten a outras persoas, é necesario ter espazos para soltalos, pechados, para que non haxa conflictos. Monte Alto é un estercoleiro, como o resto da cidade, porque á xente é unha cocha que tira merda ao chan por todas partes. O das cacas dos cans é o mesmo, que a xente é cocha e non recolle. Hai lixo por todas partes, non só en Monte Alto e non só merda de can. Igual o problema non son os cans, senon as persoas, teñan ou non teñan cans.
REURBANIZACIÓN DA RÚA SAN ANDRES (ENTRE XERAL MOLA E RÚA NOVA)
Esa rúa é Álvaro Cebreiro, xa non é General Mola.
Mellorar os cruces por onde vai o carril bici
Non valen para todos os cruces nesta cidade, obviamente, pero hai uns cantos nos que se pode facer, precisamente os máis grandes. O da Casa do Mar, o de Ramón y Cajal / Vda. de Oza, o de Caballeros...
Crear merenderos con parrillas en el campo de la playa de las Lapas
Esa zona ten que protexer a biodiversidade da zona, coidala. Un espazo de barbacoa acabaría por convertela nunha fonte máis de lixo, ruido e suxedade.
Renovables en edificios públicos
O problema é que non se poden unificar propostas, e cando vas facer unha proposta nova, igual non aparece na búsqueda de propostas. O único é o de poñer a ligazón a propostas semellantes, pero debera haber unha opción de acordo para unificar propostas.
Renovables en edificios públicos
Non se poden unificar, o único poñer contido relacionado.
Peatonalización de la rampa del Matadero
Eu creo que precisamente o que hai que facer é quitar prazas de aparcamento
Central eléctrica de enerxía renovable
Xa están como contido relacionado, non se poden combinar propostas.
Central eléctrica de enerxía renovable
Coido que pode entrar no límite, en todo caso, terá que pasar a supervisión técnica, claro.
Central eléctrica de enerxía renovable
Adoro a proposta de ángeles solares. Pero se non é posible, tamén fixen esta: https://aportaaberta.coruna.es/budgets/2/investments/1403
Recuperar el alumbrado nocturno del obelisco Millenium
Saben vostedes que o mar chega todos os anos á parte de abaixo do Millenium cando hai temporal?
Mellora contorna e accesibilidade Mercado de San Agustín e peonalización parcial
Xa, pero cando a fixen non sabía que ía sair. É do 15 de maio
Aparcadoiros cubertos para bicis
Non sei :(
Renovables en edificios públicos
Por engadir información á proposta https://www.nytimes.com/interactive/2017/05/18/climate/antarctica-ice-melt-climate-change.html?_r=1
Aparcadoiros cubertos para bicis
Por min, encantado, a proposta é a mesma, só cambia o modelo de aparcadoiros
Eliminación vias tren turistico
O feito é que os cruceiros seguen a vir, e non depende do tranvía turístico que veñan ou non, xa que incrementouse o tráfico de barcos nos últimos anos. En todo caso, habería qu e ver o impacto real do tranvía na economía local, que ata o de agora foi moi negativo, ou máis ben un despilfarro, un capricho. O mellor atractivo para a cidade é que sexa unha cidade sen pastiches, unha cidade real e non unha barraca de feira, e salvo que fora un tranvía útil todo o ano e para a xente da cidade, que fora un transporte público e non unha atracción turística, o mellor e desbotalo definitivamente, porque recuperalo agora é carísimo e a cidade ten outras prioridades máis importantes que un capricho "moi bonito", tanto como caro e inútil. Outra cousa sería un tranvía lixeiro, con vías pola Ronda de Outeiro, conexión coa Estación do Tren e co desexado Tren de Cercanías.
Eliminación vias tren turistico
Claro, a Torre Eiffel é como o Tranvía, e o percorrido sen o tranvía deixa de ser bonito. De feito coido que o Tranvía é comparable á Torre de Hércules. Claro que non crea postos de traballo, de feito estivo funcionando e leva varios sen funcionar, porque é caro, non serve como medio de transporte e tivo perdas escandalosas o tempo que estivo en marcha. E ademáis só tiña algo de uso dous meses ao ano. Moi semellante á outra gran pailanada do vazquismo, a Arielita. Se invertiran eses cartos en facer un metro lixeiro e conectado cun tren de cercanías, e con subida pola Ronda de Outeiro desde o Pavo Real, entón estariamos a falar de algo útil e serio, e non dunha atracción de feira.
COLOCAR MARQUESINAS (PROTECCIÓN LLUVIA/VIENTO) EN CAMPOS FÚTBOL DE LA TORRE
Ao mellor é para "enfriar os ánimos" deses pais e nais con tanta afición nos Campos da Torre que, en demasiadas ocasións, esquecen que están contemplando un deporte con rapazada. Da a sensación de que mellor sería que a rapazada xogara sen "afición". Polo menos así, os espirros reducen os insultos. Nótese a retranca.
Eliminación vias tren turistico
Totalmente a favor, o Tranvía foi un capricho ridículo de Paco Vázquez, de nula utilidade salvo en dous meses ao ano e un pozo sen fondo de perdas. É mellor recuperar e humanizar o paseo que volver a invertir millóns en recuperalo e mantelo. En todo caso, de mantelo, que sexa un tranvía lixeiro e con conexión coa Ronda de Outeiro, que sexa un sistema de transporte útil, e non unha atracción de feria.
Humanización Paseo Marítimo
En Europa fan metros lixeiros ou tranvías útiles, non pozos sen fondo que non xustifican inversións millonarias como era o caso. A "España chavacana" é a que fai trenciños "chuchu" en vez de apostar por una solución á mobilidade eficaz como podería ser o metro lixeiro. O tranvía foi unha estupidez de Paco Vázquez, e os datos están aí, perdas millonarias, o turismo que seguiu medrando a pesar de pechar o tranvía e agora faría falta outra inversión millonaria para poñelo a andar. Cortoplacista é facer pailanadas coma o tranvía.
Humanización Paseo Marítimo
Moi bo! Porque é retranca, non?
Mellora instalacións de lecer e deportivas | Praza Indalecio Prieto
Proposta de baixo custe e gran repercusión social. Bravo!
Humanizar o Paseo Marítimo
Estaría ben discurtir cun mínimo de seriedade e non usando falacias, coma neste caso, a falacia do home de palla. O PP non quere mellorar a sanidade privada nin a pública, o que quere é que fagan negocio as empresas amigas, multinacionais que son ás que mandan. Nont en nada que ver, aquí pido un modelo de humanización que xa se empregou en moitas cidades con éxito, e que mellora o tráfico porque prioriza peóns, bus e bicicletas reducindo coches e desmotivando a súa utilización, ademáis de reducindo a velocidade da zona, que é excesiva. Para mellorar o bus na cidade, como vai polo mesmo sitio que os coches, ou reduces coches ou non mellora, a non ser que teñas un tren de proximidade que depende de Fomento, non do concello. E esto está máis que estudiado. Mira a Paradoxa de Braess, por exemplo. E hai numerosos artigos e libros por aí. http://www.ecologistasenaccion.org/article20005.html
Reforma e humanizacion Calle Barcelona
Si, priorizar os vehículos sobre os peóns, precisamente o contrario ao que hai que facer
Humanizar o Paseo Marítimo
Si, ese é o camiño, ou un deles. Primeiro, non é peonalizar, é convertir unha autoestrada nunha avenida. Precisamente Pontevedra é un exemplo e ademáis referente, e conseguiu varios obxectivos, un deles é a desmotivación para a utilización do vehículo privado. Deixar un carril bus para o paseo, por exemplo. A desmotivación para a utulización do coche acompañada con melloras no transporte público é o camiño a seguir. Non pode ser que por esa zona os coches pasen a 80. Máis aínda no resto do paseo, onde o tráfico é moito menor. En serio pensas que todos a xente que usa o vehículo privado o fai porque non ten máis remedio ou hai un exceso de uso?. Precisamente, para mellorar o tráfico hai que reducilo. Le o libro Traffic ;)