Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

beatrizgomezamigo@gmail.com beatrizgomezamigo@gmail.com

Comentarios
Camiños municipais
No ano 2020 recuperáronse unha pequena parte dos camiños de carro, de propriedade municipal, da Cances ás Regas (A Moura), da Silva á Penamoa, pero quedou incompleto o de Cances ao monte Rancheiro, camiño que antes chegaba á Bens, e hoxe cortaron coa Terceira rolda. No nº 55 un muro pechou e estreitou moitísimo o paso e obriga a pasar por riba das fincas privadas da veciñanza. Por favor, o concello debe coidar do que é de todos e de todas e abrir o paso, como foi sempre, camiño de carro.
Camiño municipal
Sinto, lamento que o Concello abandone a noso barrio, sendo que foi masacrado nos tempos dos gobernos de Francisco Vázquez e Carlos Negreira. Tivemos que aturar un trasego de coches para aceder ao poboado chabolista de Penamoa, con serios problemas de inseguridade, de drogadición. Deterioro que sofrimos os lugares de A Silva, Cances, Moura, Comeanda, Bens, A Gramela...Eso supuxo que os camiños municipais cubríranse de mato, empobrecérase o barrio, con moitas casas en ruínas. E un dos medios máis eficaces para superar ese retroceso era poder transitar polos carreiros, con seguridade, comunicarnos como podían facelo nosos pais e nais, nosas avoas...de Cances a Comeanda, ou S. Pedro. Agardo entendan da dificultade de conquerir que a veciñanza entenda como beneficioso poder circular polo camiños de carro con seguridade.
Iluminación camiños públicos
Sinto moito. Como traballo proposto en anos pasados, reparouse algúns dos carreiros municipais dos lugares de Silva, Moura-As Regas, en primaveira do 2021. Pedíase que se iluminaran, cuns puntos de luz, que facilitara que a veciñanza que nos movemos por eles, amáis das persoas que veñen disfrutar do monte, con ou sen suas mascotas, poideramos facelo con seguridade. Agardo da concellalía responsable teña abondo de sensibilidade para pensar o difícil que é conseguir que nun lugar onde vivimos pouca xente, con casas dispersas, con duas líneas de bus que quedan moi distantes da maioría das vivendas, precísase luz, para evitar que o lugar convírtase nun punto de droga, como xa está a pasar. É un serio problema de inseguridade cidadá ao que estamos abocados, se queremos dispoñer das líneas de bus urbano, e deixar o coche na casa para ir traballar.
Camiño municipal
Sinto ben. Como este camiño pechouno a veciña do nº 55 de Cances, e o concello non o abriu, a veciñanza segue a pasar polas fincas privadas, para acceder ao Monte Rancheiro- Penamoa. É cometido do Concello poñer en valor as rutas das que son proprietarias. E pasados os anos que Penamoa xa non ten casas para xente probe, debera coidarse de que os carreiros municipais non caian en desuso. E non só estreitouse ilegalmente o carreiro cun muro de peche, senon que colocouselle outro muro para impedir o paso. Agardo da concellalía responsable abra o acceso público que comunica Cances con Comeanda, que tivo que ficar cortado nos traballos feitos de reparación, este ano 2021. E xa van moito anos...
Proxeto camiños municipais
Sinto moito. É unha mágoa que os gobernantes non se sensibilicen co patrimonio natural, así como coa tradición cultural dun barrio rural, onde a xente movíase polos carreiros, comunicábase Cances, Silva, con S. Pedro, Comeanda... E ese carreiro hoxe, en moi mal estado, é utilizado para pasear as mascotas, preferentemente. É patrimonio municipal, e debera ser unha ruta alternativa para poder achegarse, andando, ao parque- monte Rancheiro (Penamoa)
Redes fibra óptica para toda a veciñanza
Sinto. Paréceme unha discriminación que un anaco de barrio, do rural da Coruña, careza de comunicación. A xente do Agra do Orzán paséase polos nosos carreiros e montes, ao sol, co privilexio que supón frente ao barrio de cemento veciño. Pero a comunicación é moi deficiente. E o Concello non tería porqué executar a obra de poñer fibra óptica, porque son as empresas responsables, Movistar, concretamente, por esta zona, as que teñen que levar a cabo o proxeto. O Concello é quen ten que mirar pola veciñanza, para que non se creen barrios ricos e barrios probes, dado que noso barrio paga os impostos como os paga o do Centro, ensanche,... Non se pode traballar na casa, nin estudar, sen ter unha comunicación por interner digna, dado que comunicámonos por datos, co gasto inmenso que supón para unha economía modesta. Agradecería que lle lo fagan saber á concellalía responsable. Grazas.
Restaurar, limpar de lixo, reconstruir e eliminar o mato do carreiro que
Sinto moito non teñan en conta no Concello que somos un barrio con pouca veciñanza, moi dispersa, e polo tanto supón un serio inconvinte chegar á moita xente. Como dixo o concellal de urbanismo, Sr. Villoslada, o que foi aprovado no goberno da Marea vai ser executado no tempo do actual goberno. E para restaurar o lavadoiro público, antes haberá que limpar, ... restaurar o camiño de acceso, dado que a finca, a nivel superior, vaise desmoronar sobre o mesmo. C
Restauración do antigo alxive de A Gramela
Sinto ben que non poidera pasar. Como esta restauración debera ser xa executada hai moitos anos, agardo o Concello da Coruña sensibilícese co patrimonio material, dado que é o único alxive da contorna que surtía de auga á parte alta da cidade. Que pode ter un uso para os ortos urbáns da contorna da Gramela.
Colocación de baranda
Sinto que non pasara. Como vostedes deberan saber, este é un barrio rural, históricamente abandoado polas distintas corporacións municipais. E poideran pensar o traballo que supón movilizar a máis de trinta persoas para que voten e o porqué. Agardo poidan telo en conta na consellería que corresponda.