Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

anxo_gz anxo_gz

Comentarios
Rede de colectores recollida tapóns
Nesta ligazón podes ver algunhas fotos dos corazóns solidarios feitos polo ferreiro Moisés Afonso, nas Illas Canarias, onde se recollen os tapóns solidarios. https://bit.ly/2K6yQDP
Papeleiras luminosas
Non sei se están patentadas, pero neste ligazón é onde as vín, e parécenme unha boa solución aos pasos de peóns conflictivos ou de poca visibilidade. https://youtu.be/_iAH0jHVQxA
Rede de colectores recollida tapóns
Para ser máis exactos na Praza del General Eulate, en Buenavista del Norte (Tenerife)
Rede de colectores recollida tapóns
Teño, unha de Teno en Tenerife, ten forma de corazón.
Rede de colectores recollida tapóns
Ademáis poden ser orixinais, en Canarias vin uns que estaban feitos de enreixado e tiñan diferente formas así ao enchelos cos tapóns a escultura feita co enreixado quedaba moi orixinal e vistosa ao quedar de moitas cores.
Reubicación rotonda R/Juan Darriba
Non creo que se abra na vida, e a rotonda tal e como está actualmente non ten sentido algún a sua ubicación. E ata resulta perigosa para algunha manobra.
(Este proxecto de investimento foi borrado)
Eu tamén penso que hai que poñelo en funcionamento, pero mentras non se fai é unha lástima que estén pechados na cocheira e non se poida nin sequera visitalos. Alomenos se lle sacaría algún rendemento.
Cámaras nos buses
As cámaras dentro dos autobuses, non terían porque rachar, a lei de protección de datos non se estaría vulnerando sempre e cando sóamente se active a cámara para sacar a fotografía do infractor, como calquera outra cámara de tráfico, ademáis por eso digo que se conecten soamente coa sala de pantallas, onde habería un axente que podería multar. E se o autobús está parado como ata o de agora en lugares como no Hospital de Oza, non hai segundito que serva como excusa xa que está prohíbido estacionar no lugar indicado para o bus, ou nas paradas xa que non son lugares de aparcamento momentaneo, aínda que o pareza está prohíbido estacionar. Polo tanto non vexo onde estaría a sua pouca viabilidade, salvo que non se quera facer nada como ocurre ata o de agora, onde os buses quedan parados durante longo tempo por os segundiños eses que dis, ou inhabilitar as paradas para persoas con mobilidade reducida ou que necesitan aseonllamento do bus para baixar, ou mesmo os carros de bebés ou da compra.
(Este proxecto de investimento foi borrado)
Si, ao igual que na cidade de Porto, as cocheiras dos tranvías son museo onde se pode visitar, non estou a falar das cocheiras das Roseiras, senón as cocheiras dos tranvías que está ao carón do cárcere, que é onde se gardan os tranvías. Alomenos en lugar de estar parados e non ter ingresos, tería ingresos por a sua visita.
Modernización museos científicos da coruña
Cambiar as exposicións de xeito habitual é inviable, penso eu, está ben modernizar, pero para eso xa existen exposición temporais de fotos, caso da casa dos peixes, sesión novas no planetario da casa das ciencias, ou películas novas na casa do home, sempre hai algo novo por ver, ao igual que se vas ao museo de Belas Artes, a min gústame ir de cando en vez, ainda que sempre sexan os mesmos cadros, pero sempre teñen algunha exposición temporal, que ao igual que nos outros casos, fai que te achegues e volvas ver o que xa viches, que por ser coñecido, non deixa sempre de sorprender, ou de aprender de novo algo que esqueceras.
Parque e praza pública
Entendo que non, cando a proposta non foi rexeitada.
Parque e praza pública
A apertura da rúa Joaquín Martín Martínez, xa traería novas prazas de aparcamento mentras que esas dúas prazas e a canteira poderían formar un espazo peonil.
Papeleiras de baleirado pneumático
Non está mal a idea, pero é mellor concienciar a xente de usar as papeleiras por o ben da cidade.
Modernización museos científicos da coruña
Tamén é unha opción interesante, estes días coa colaboración dos museos científicos xa se realizou, outro ano máis, do 15 a 17 de Maio "Pint of Science" onde se explica ciencia nos bares. Quizáis se poderían repetir estas iniciativas en verán nas praias, por poñer un exemplo, pero penso que o primeiro contacto que moitos rapaces teñen cos museos e a ciencia en "vivo" é nas visitas escolares aos museos e por o tanto, penso que hai que estimulalos para que lles chame a atención e teñan ganas de voltar e curiosear.
Parque e praza pública
Ola novamente, sei da zona que falo, estamos de acordo en priorizar aos peóns, o de que é unha zona residencial é unha escusa como outra calquera, os do centro tamén poden poñer e poñen que é unha zona comercial, e non hai espazos para que os residentes aparquen. Como por exemplo a zona da cidade vella, tamén poñen a escusa de que é unha zona residencial, pero penso que iso non é escusa para non facela peonil. Xa sei que é moi cómodo o de poder aparcar na porta da casa, pero temos que concienciarnos que non é posible que todos, salvo como dis tí, que teña garaxe, poidamos aparcar a porta da casa. Moitas cidades xa teñen zonas de aparcamento na periferia dos barrios, mentras os barrios son peonís, entón teremos que saber priorizar que queremos, rúas con coches onde poidamos aparcar como queiramos e onde queiramos, por estar preto da porta ou rúas máis humanizadas. Co tema do transporte tes razón, que nin falar que as liñas 5 e 23 Cabana ou 21 e 23A Martinete son malas e insuficientes.
Parque e praza pública
A ampliación da rúa, penso que tamén sería inviable pois si os terros da canteira son terreos privados, a ampliación da rúa pasaría por eses terreos privados, por o tanto non sería viable. A zona ten dificultades de aparcamento como todas as zonas da cidade, pero penso que hai que priorizar o peón antes que os coches, e non se deben de deixar de facer actuacións enfocadas a humanizar espazos ou zonas peonís por culpa dos coches, ademáis temos unha grade explanada preto no polideportivo onde se pode aparcar de balde ou o aparcamento disuasorio de lonzas. Coa letanía dos coches así estamos co único casco histórico de capitais con coches e sen ser enteiramente peonil, eso sí logo cando vamos a cidades onde o centro como Pontevedra ou Vitoria-Gastiez se prioriza o peón ao coche gústanos, ou enchemos rúas como na praza de Lugo, rúa que ninguén quería peonil. Imaxina só o que gañaría por exemplo a rúa de San Andrés sendo peonil.
Parque e praza pública
Unha proposta similar xa a fixera eu para facer pola bacia do río Mesoiro, como unha senda verde dende Mesoiro ata o Recinto Feiral incluindo zonas verdes, carril-bici e aparellos de exercicios. Esa proposta xa a fixera Losada e logo Negreira, pero aí queda non creo que a chegen a facer nunca. A ampliación da rúa que eu propoño non é a de Alberto Garaizabal Macazaga, senón a de Joaquín Martín Martínez ata a zona do Tanatorio de feito a rúa está sen rematar e continúa por una pista que non ten saída.
Eliminación do fluor na auga da traída
Segundo a analítica si existen fluoruros na auga da traída, salvo que veña na auga, estánse a añadir. https://www.emalcsa.es/uploads/tinymce/An%C3%A1lisis%20Completo%20Red%20Coru%C3%B1a%20200317.pdf
Parque e praza pública
Claro que o ideal sería poder usar a zona de canteira, o malo é a titularidade, según dín por a zona son do Ministerio de Defensa xa que antes era un campo de tiro, non sei se é certo ou non, o que si é que de momento non se pode contar con eses terreos. E a apertura da rúa con saída a estrada do Martinete xeraría novas zonas de aparcamento.
Parque e praza pública
Exactamente é esa, a zona é bastante complicada de aparcar, como en moitísimas zonas da cidade, pero non debemos perder espazos de esparexemento, coa excusa do coche. A solución tamén podería ser darlle continuidade e saída a rúa Joaquín Martín Martínez, co que ampliarían as prazas de aparcamento.
Parque de San Pedro
Dende o barrio das Roseiras (Rosales) existe un camiño que ten zona de merendeiros e parrillas que chega ata o Monte de San Pedro, o ascensor panorámico se pode pagar coa Tarxeta Millenium, o que pasa é que o seu custe é de 3 eur. Para a xente da cidade quizáis debería ter un prezo máis asequible. Saúdos.
Tarxeta Milenium no móbil
En ningún caixeiro exterior pódese recargar en efectivo (salvo que pagues a comisión oportuna a Abanca se non es cliente), só podes nos caixeiros a tal efecto que están no interior por o tanto só en horario comercial e só en billetes. Por iso penso que sería poder utilizar unha app no móbil para pagar nos buses e poder recargar. Saúdos.
Tarxeta Milenium no móbil
Só faltaba que os clientes de //Abanca no poideses utilizar os servicios telemáticos do Banco, eso está moi ben, pero hai moitísima xente que non temos conta aberta en //Abanca nin desexámola ter, e non temos porque aturar que non teñamos máis posibilidades de recarga que no horario comercial de //Abanca ou que teñas que recargar únicamente con billetes porque a eles non lles interesa contar moedas e teñen as máquinas inutilizadas para inxerir moedas,
Tarxeta Milenium no móbil
Non lle vexo moitas ganas de negociar, poderíanse recargar nos caixeiros automáticos do exterior coa tarxeta doutra entidade, pero non lles é rendible, polo tanto se eles non queren facilitar as cousas, como que nos caixeiros do interior só poidas inxerir billetes e non moedas taponando o burato das moedas, creo que con esas prácticas non teñen moito interés nos usuarios, e polo tanto é mellor e buscar novas alternativas.
O GRAN BOSQUE DA CORUÑA
Dende logo que facer bosques é moito máis barato e saudable que facer urbanizacións, pero ata o de agora parece ser que era máis rendible económicamente para algúns a segunda opción, ca que se enchían os petos, esperemos que esto mude, e se fagan as cousas que son máis rendibles para a cidadanía.