Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

anxo_gz anxo_gz

Comentarios
Paso de peatones elevado y acera en Av/García Sabell dirección Espacio Coruña
Esa zona é díficil de cruzar, sempre para non arriscar queda a posibilidade de ir por Pocomaco pola outra beirarrúa que agora incluso hay un tunel por debaixo da ponte do tren, ou un pouco más arriba existe un paso inferior na rúa García Sabell que pouca xente coñece, eso si en época de chuvía os paso inferior tende a estar cheo de charcos. Pero son alternativas máis seguras.
Restauración do curso fluvial do río Mesoiro
Esta proposta xa a fixen outros anos, pero din que é INVIABLE, posto que os terreos non son de titularidade municipal.
Apoveitamento de baleiros urbáns
Non, poño ningún lugar en concreto xa que depende da zona, se pode facer unha cousa ou outra, e tampoco poño un lugar concreto, porque se o lugar non é propiedade municipal, a proposta non sería viable e sería rexeitada.
Humanización da Av. Universidade.
Toda esa zona necesitaría ser máis amable con peón dende a universidade ata a Av. Glasgow.
Papeleiras
As papeleiras e os colectores están a cambialos pola empresa de limpeza, xa que iba incluido no novo contrato, que eu saiba.
Humanización da Av. Universidade.
Grazas, penso que unha mediana verde faría o mesmo efecto que a barreira de formigón, para unha zona de pouco tráfico. E sería máis amable.
Praza Joaquín Martín Martínez
Non pasa nada, queda para outro que teña a mesma dúbida :p Saúdos.
Rotonda Juan Darriba
Grazas Birloqueiro1991
Praza Joaquín Martín Martínez
Se queres podes comprobar pinchando no meu nome as propostas realizadas outros anos e tal e como comento esa proposta foi incluso orzamentada, para a sua realización, polo tanto, sendo así entendo que é terreo municipal. Saúdos.
Mercado alternativo
Pois penso que o aparcamento do Polideportivo de Elviña sería un bó lugar, ademáis a xente que quixera vir en coche ten o aparcadoiro disuasorio de Lonzas a poucos metros.
Cidade Peonil
O peón é o que debería primar nunha cidade, nunca o vehículo privado, xa temos experiencia do ben que funcionan os espazos peonís, tanto dentro da cidade, coma noutras, exemplo Pontevedra que ben sinalas, pero parece que os políticos aquí non teñen o suficiente valor para enfrontarse ás críticas as que se enfrontarían nun primer momento. Saúdos.
Cidade Peonil
Penso é máis necesario a rede de vías peonís que o carril-bici, ás veces pecamos de modernos e pensamos que todos podemos ir en bici, pero hai moitas persoas ou ben porque non poden ou ben non saben andar en bici, e deben ter unha alternativa, e penso que a rede de vías peonís é unha boa solución para ambas necesidades, como ben dis, para os que non poden ou non usan bicicleta e máis outra alternativa que complementa aos carrís bici. Saúdos.
Mejora en el carril bici de Avenida Glasgow
Porque na época na que se fixo no primaba a lóxica senón a de ter metros de carril bici para fachendear de que fixera máis, sen mirar por onde se facían.
Humanización da Av. da Universidade
Grazas. Penso que esa barreira de formigón o único que fai e dividir en dúas esa zona.
Mercado alternativo
Sei que non hai mercado, pero supoño como solución máis barata en lugar de construir un, sería o de facer un mercadillo ao menos cunha periodicidade mensual.
Mejora en el carril bici de Avenida Glasgow
O mellor sería poñer zona de aparcamento onde está o actual carril bici na zona dos edificios y trasladar o carril bici ao outra beirarrúa onde non hai edificios e está próximo ao aparcadoiro do polideportivo, o que sería mellor xa que o carril bici non se vería entorpecido pola entrada de coches nos garaxes dos edificios.
PARKING PUBLICO A GRELA
Ou elminar en Severo Ochoa por exemplo a zona axardinada que non serve de nada, xa que aparcan os coches sobre ela, sería mellor eliminala para anchear a zona de aparcamento e así sustituir o sistema de aparcamento en liña por o de batería.
Cocheiras de Tranvías
Si poderíase enmarcar no distrito 10, pero penso que ao ser un museo do que se beneficiaría toda a cidade, non sería xusto quitar eses cartos só ao distrito, que seguro ten propostas máis interesantes e necesarias para o barrio.
Cámaras nos buses
A policía local é suficiente para multar, pero as veces entre que os chamas e veñen o infractor xa sacou o coche, polo tanto penso que esta opción é máis efectiva, ademáis a multa a faría igual un municipal que estaría na sala de pantallas.
Ascensores túnel Salgado Torres.
Por iso digo que contar coa opción de ascensores e se non é posible con ramplas e escaleiras. Ainda que puxen "ou", era para poñer as dúas opcións en caso de non por ascensores.
Cámaras nos buses
É que se non o pedimos nas canles axeitadas, e como non pedir nada, por moito que todos pensemos o mesmo. Por eso debemos aplaudir estas iniciativas que nos deixan solicitar cousas que moitos pensamos que fai tempo que se deberían facer.
Rede de colectores recollida tapóns
Suponse que os plásticos como os das botellas son separados para a sua reciclaxe, na planta de Nostián, se os botas nos colectores amarelos de inorgánicos.
PLAZAS DE APARCAMIENTO PÚBLICAS
Ao carón do Mesón O Recodo da Grela, existe unha grande parcela baleira que podería habilitarse como aparcadoiro, a Asoc. Emp. de Agrela debería facer como en Pocomaco, habilitar as parcelas baleiras como aparcadoiro de balde para os traballadores do Polígono a cambio do mantemento da parcela. De nada serven as campañas para que merques en Agrela, senón tes en que ir, nin buses, nin coche particular, e xa non digamos nas inexistentes beirarrúas en moitas das rúas.
PARKING PUBLICO A GRELA
Ao carón do Mesón O Recodo da Grela, existe unha grande parcela baleira que podería habilitarse como aparcadoiro, a Asoc. Emp. de Agrela debería facer como en Pocomaco, habilitar as parcelas baleiras como aparcadoiro de balde para os traballadores do Polígono a cambio do mantemento da parcela. De nada serven as campañas para que merques en Agrela, senón tes en que ir, nin buses, nin coche particular, e xa non digamos nas inexistentes beirarrúas en moitas das rúas.
Apertura da rúa Joaquín Martín Martínez
Totalmente de acordo contigo, sería moi necesario, é un punto de unión entre Someso, A Cabana, Martinete e O Birloque e rivatalizaría moito a zona.