Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

anpaiesoteropedrayo anpaiesoteropedrayo

Comentarios
Reparacion piscina grande das instalacions deportivas da fabrica de armas
As instalacións ó aire libre- deportivas da Fabrica de Armas son un valor que non está potenciado. O feito de non arranxar o vaso da piscina grande, xera que non se utilice en todo o seu potencial na época estival. O campo de fútbol de herba, podería ser sintético como o de Mesoiro e atraer múltiples familias que decidan pasar o día nunhas instalacións deportivas públicas. Campo fútbol sintético, algúnha pista de pádel e mellorar o arborado. Si unha piscina tan grande e un custe sobre dimensionado, valorae unha máis pequena para os rapaces. A que hai agora é minúscula.
Rehabilitación skatepark de Eiris
Fai pouco que estiveron arranxando os elementos métalicos e esquinas. As pintadas é algo xenérico e propio de estes tipo de espacios. O que sí é moi concurrida, lugar de ocio e esparcemento activo.
Caminante...¡No hay camino!
Esa zoa require unha actuación conxunta, non vos limitedes a beira rúa, en canto as construccións da zoa están derruidas e non vive ninguen. Si alguen vive nesa casa pois haberá que indemnizalo. A baixada do depósito da auga e unha saida natural do CHUAC, e a verdade dí pouco do noso hospital. Hai nesa zoa un tapón que require unha actuación conxunta. Non andedes a parchear.
Plantación de árboles en la mediana de la calle Javier López López
Valorade a prantación de árbores que xeren pouco polen. Aqueles que non necesiten poda e que o mesmo tempo tampouco perxudiquen os alérxicos. Os que se plantaron recentemente no Barrio das Flores, vanlle dar quebraderos de cabeza a máis de un.
Adecentar PARQUE DE EIRÍS en la avenida de Lamadosa, Nº22
Valorar se o recuncho e abrigado ou segue sendo venteado como o resto do parque. A proposta é boa.
Sistema de riego Parque de Eiris
No tempo do Plan E, fíxose un desembolso de 600.00€ no sistema de aspersores e nos árbores que temos agora. A empresa que fixo a instalación debería responsabilizarse de eso ou se non telo en conta para seguintes propostas. Non chegou a funcionar nunca, nin sequera sein si o puxeron a funcionar unha vez rematado. Valorade si se quere facer unha nova inversión ou enterrar máis cartos.