Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

antonio72 antonio72

Comentarios
Bolardos na acera na avenida Nova York nas inmediacions do colexio Xesuitinas
Eu tamén paso a diario por esta via xusto as horas de entrada do colexio en torno as 9:30 e polas tardes en torno as 17:00 e estou totalmente de acordo en que non son normais os atascos que se forman a diario, penso que unha das medidas para evitar que disminuan estes atascos serían prohibir xirar a esquerda, tanto para acceder ao colexio en sentido subida como o xiro a esquerda ao sair do colexio de novo en sentido subida. Fíxome todos os días e o que provoca estas retencións é que ao facer estes xiros a esquerda bloquean o carril de circulación da carretera en sentido baixada hacia Alfonso Molina, unha boa solucción podería ser implantar unha glorieta un pouco mais arriba no cruce hacia a universidade e asi os que queiran xirar a esquerda para acceder ao colexio poderían dar a volta na rotonda e supoño que o tránsito sería mais fluido.
Pavimento A Cubela
O pavimento de esta acera colindante co parque esta verdadeiramente en mal estado, lamentablemente xa vin caer a mais dunha persoa co agravante de que se trataban de persoas maiores. O estado do chan faise mais perxudicial os dias de choiva xa que se forman multitude de charcos que fan intransitable o paso por este espacio, de pouco valdría o gran acerto de instalar pasamáns para acceder a praza se despois o chan se encontra en un estado tan lamentable. Conta co meu voto !!!!
Beirarrúas en Avda. San Cristóbal entre O Birloque e Matogrande
Este tramo é moi perigoso, a diario vexo persoas camiñando polos arcéns das avenidas de San Cristobal e de Alfonso Molina co agravante de que soen ser persoas maiores que necesitan trasladarse dunha zona a outra para facer as suas compras, visitar familiares ou acudir a un centro de saude, sería conveniente ademais limitar a velocidade dos vehículos, por exemplo poñendo bandas rugosas no asfalto que propicien que os vehículos circulen mais despacio e respeten os limites de velocidade establecidos e implantar un paso de peóns por exemplo no carril de acceso da Avda de San Cristobal hacia Alfonso Molina en sentido saida e outro na saida de Alfonso Molina hacia San Cristobal á altura do barco. Igualmente sería necesario implantar aceras dende a nova gasolineira de Carbugal na Grela hacia a Avda de San Cristobal, xa que os que queremos vir camiñando dende a Grela sin utilizar o vehículo nos expoñemos a un perigo constante e diario ao camiñar polo arcén con tanto tráfico pesado.