Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

pedrosc pedrosc

Comentarios
Humanización da Av. Universidade.
E outra actuación moi necesaria é un paso de cebra na saída da rotonda que sube cara a Universidade. Moita xente cruza por ahí porque para ir do Espacio Coruña cara o Expocoruña ou o parque infantil hai que dar un rodeo moi grande. Tamén faría falta outro paso de cebra na saída da rotonda elevada, á altura do edificio dos sindicatos e humanizar esa inxente cantidade de aparcamento actualmente innecesaria.
Humanización da Av. Universidade.
Eu iría máis lonxe, suprimir un carril de circulación en cada sentido nese tramo mantendo a configuración da Avenida de Glasgow, e engadir árbores ás aceras. É unha recta especialmete desagradable de percorrer a pé faga sol ou chuvia ao estar tan descuberta, e o tráfico desa rúa non parece que xustifique ter catro carrís de circulación.