Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

alehop alehop

Comentarios
Carril bici por TODA la ciudad.
Ups, esquecín pegar o vínculo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/07/13/bicicoruna-bate-records-usuarios-falta-estaciones/0003_201607H13C2991.htm
Retirada de farolas rojas horrorosas del Paseo Marítimo
Lo horrible de un objeto es algo completamente subjetivo, lo sabes ? :) ¿También te parecen horribles los esmaltes que las decoran? ¿Y la rosa de los vientos? ¿Y las esculturas que rodean el entorno de la Torre? ¿Y el obelisco? :-)
Carril bici por TODA la ciudad.
É que non sei por qué consideras que facer carril bici e axudar as persoas dependentes e tamén mellorar o bus, son ideas incompatibles. Que isto non é un partido de balompé, digo. E só como anécdota, déuseme por buscar na web o número de usuarios da biciCoruña e o primeiro que atopei é un artigo de "La Voz de Galicia" de fai case un ano que dí que os usuarios son 3000. Non cen. Tres mil. Fai un ano. Cópioche o vi´nculo por se te interesa, e se tí és algo menos torpón ca min na búsqueda de datos, se averiguas cal e o número de usuarios reais (non según un periódico), agradeceríacho. Da última frase non vou comentar nada porque non coñezo a ninguén que se encuadre nesas características e polo tanto non me vexo capacitada para opinar.
Carril bici por TODA la ciudad.
Doute a razón: O proxecto é grande, pero penso que a necesidade e as ventaxas tamén. O proxecto de bici-coruña ó principio tamén comezou como algo pequeniño, e agora cada vez é máis a xente que se anima a usalo, e aínda serían máis si os desprazamentos foran seguros. Como cidadáns , esta plataforma usámola para plantear as carencias ou o que botamos en falta na cidade, Se é viable ou non, e de cómo se vai levar a cabo se se leva, estudar qué rutas serían óptimas para comunicar a cidade, en cales sería máis económico ou necesario, por qué zonas sería máis doado comezar; xa non é competencia do cidadán de a pe (ou de a bici, neste caso, jajajaj). Pero sí penso que é importante ter unha idea xeral de cómo sería o plan completo incluíndo tódolos puntos da Coruña para facelo ben dende o primeiro metro do carril.
Carril bici por TODA la ciudad.
Entón... Como hay barrios con moita costa, ¿Mellor non facelo en ningún barrio da cidade? . E como as mentalidades aínda non están preparadas para convivir cos ciclistas, nin os respetan... ¿Mellor deixemos que sigan circulando pola rúa entre os coches en vez de facer unhas vías seguras para as bicis? ¿ Non é un pouco contradictorio esto último? ¿Cómo imos cambiar as mentalidades e as conciencias sociais e colectivas? Haberá que empezar por algo, digo eu! Igual visibilizando a bicicleta como método de transporte individual SEGURO é poñer una primeira pedra. Sinto que non che pareza boa idea a proposta, pero creo que a mellor maneira de actuar é facendo cousas e quizáis con moita sorte e paciencia , permanezan.