Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

carocampos carocampos

Comentarios
Parque Biosaludable no Barrio das Flores
Pareceme axeitada esta proposta e a sua ubicación preto do Fogar do Pensionista, suxiro que dito parque sexa cuberto para que poida ser disfrutado durante todo o ano.
Instalación de Pista Polideportiva no Barrio das Flores
Crieime no barrio dende nena e hoxe atopo que moitos dos espazos que de nenos tiñamos apropiados para os nosos xogos, son hoxe en día ocupados polos vehículos que medraron mais no barrio que a sua poboación. Pareceme importante a dotación de novos espazos lúdico-deportivos para a veciñanza e apoio esta iniciativa.
Barrio das Flores: Instalación rampas de accesibilidade nas vivendas de INDUCOSA
Moitas grazas, dada a data e a proximidade do remate de prazo fixen unha proposta que considero da máxima urxencia xa que a demora está tendo consecuencias irreversibles día a día. Agradezo o apoio á mesma xa que é unha necesidade de toda a veciñanza.
Rampa de acceso a viviendas
Identificome ben con esta proposta, ainda que coma veciña do barrio penso que a proposta debería ser unha actuación de mellora definitiva para o barrio. Eu vivo neste intre na rúa Margaritas pero teño crecido na rúa Lirios, alí hai anos fixose unha rampa de comunicación entre o pasillo comercial e a praza dos chopos pero non hai rampa tampouco para a propia rua dos Lirios. O mesmo ocorre nas rúas Camelias, Amapolas e Hortensias. E por isto que farei unha proposta integral para aprobar unha intervención plurianual que sexa unha solución definitva para o noso barrio. No barrio estanse a instalar ascensores de servicio as vivendas que en certo xeito facilitarán a accesibilidade da veciñanza tamén pero considero necesario o apoio do concello na mellora das infraestruturas comúns para acadar a integralidade das intervencións de mellora.