Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

ClaraVidal ClaraVidal

Comentarios
CREACION DE MÁIS ESTACIÓNS DE BICICORUÑA E ENLAZAR COS CONCELLOS DA ÁREA METROPO
BiciCoruña non pode saír do concello. É unha norma. O que si poden é facilitar a ligazón con medios de transporte que leven a outros concellos. Por exemplo, se poñen unha estación na Pasaxe, ao cruzar, pódese coller transporte para Oleiros costa, para Oleiros-Perillo. Da outra parte da rotonda, para Culleredo, Fonteculler, O Burgo, Cambre...
Baños públicos de calidad
Obviamente. O que deberían é abrir todo o día, agás mantenemento. Os pouquiños que hai pola cidade, moitas veces están cerrados.
RECOLLIDA DE EXCREMENTOS CANINOS
Falamos de multas?
Sustitución de la farolas adosadas por colgantes
Se isto sae adiante, por favor, tende en conta a contaminación luminosa unha vez facedes novos puntos de luz.
Tren en miniatura
Xa tiñamos tranvía e sacárono. Non necesitamos isto, senón servizos de cercanías de Renfe.
Pasos de peatones antideslizantes
A ver, é que non entendo como pode ser que en Coruña non fagan isto. Gastar os cartos dos orzamentos participativos nisto paréceme denunciábel, mais voto que si.
Prantación de árbores frutales
Sería unha cidade ideal, mais non se poden plantar árbores que dean froitos comestíbeis. Unha das xustificacións, que obviamente non é a fame, é a chea de insectos que pode provocar.
ADECENTAR EL CARRIL BICI
Estou conforme, mais creo que deberiamos educar aos que van en vehículos motorizados porque se fosen capaces de convivir con outros medios de transporte, non habería este problema. Mais non son capaces de respectar 1,5 m, non son capaces de non saltarse a velocidade, non son capaces de non insultar e cabrearse... En fin, máis educación e menos infraestructura. Así hai máis zonas verdes. Non cabe todo.
Instalación de pasos de peóns elevados
Eu apoio a túa proposta, mais creo que funcionaría moito mellor multar a quen se pase da velocidade. Cando queden sen euros, terán que vender o carro e xa non poderán atropelarnos.
Pantallas LED información Municipal
Ninguén le.
Nuevas estaciones BiciCoruña
Eu voto a favor, mais tamén teño en conta que son todas as mencionadas lugares céntricos. Tamén hai Coruña alén de Catro Camiños. Os polígonos industriais son practicamente inalcanzábeis se non é en carro. O 21 é deficiente para PO.CO.MA.CO. e os da refinaría para Agrela (que tes que vivir en Monte Alto ou non chegas). Faltan moitas estacións en moitas zonas.
Mejoras señalización Carril Bici
É que non está prohibido. De feito, cando abriron a rúa Nova de forma peonil era para compartir peóns e bicicletas. Tras queixas, puxeron o propio carril bici que cruza a rúa. Igual falta información por parte das persoas que van a pé.
Zonas de sombra en el Parrote
Iso antes era mar. O ben que viña unha praia para o sur.
NOVO PARQUE INFANTIL
? Xa existe.
delimitar un zona para os cans no parque de San Diego
Igual que unha proposta en que comentei no parque de Paseo das Pontes, paréceme moi ben, sempre que os cans e as súas merdas estean dentro do canil.
Bulevar en Avd de Oza
As xustificacións dos bombeiros foron desmentidas polos propios bombeiros no seu día (véxase o Twitter).
Elevar paso de peatones en General Rubín con Pablo Picasso
Poderían aproveitar a inutilidade dese carril que non serve para nada para poñer árbores que separen a zona da beirarrúa (próxima ao parque onde moitos nenos xogas e pelotas se escapan) da circulación dos vehículos que, claro está, non van a 30.
Estreitamento da calzada en favor do peón
Esta proposta está no distrito equivocado.
Plantación de Arborado e implantación de mobiliario na Rúa Mosteiro de Caaveiro
Voto. Totalmente a favor de ampliar ao longo da rúa o parqueciño que hai pegado á avenida de Fisterra. Non debería ser complicado facer isto. Abondará con retirar a fileira de carros en dupla fileira que hai SEMPRE, A TODAS HORAS á altura de Correos. Correos que, por certo, colle a unha zona amplísima da cidade, xusto na súa localización máis poboada e con maior densidade de poboación. Igual tamén conviña un Correos novo para a Agra do Orzán e así as queixas dos carros en dulpa fileira que haberá que eliminar nesta rúa para levar a cabo a proposta non serían de tantos.
Espacio para perros en el Paseo de los Puentes
Eu dou o meu voto, mais coa condición de que se vixíe que os cans van estar dentro do canil e non en todo o maldito parque. E as súas merdas, tamén, só dentro.
Humanización da Rúa Meira
Eu propuxen o ano pasado algo que incluía isto, mais non foi para adiante. Só cambiar a circulación desta rúa, despois da desfeita que fixeron na súa unión con Agra de Orzán, non ten xeito ningún. Hai que facer isto en todas as rúas e cambiar a circulación también en Ramón María Aller (por seguridade e por contaminación de ruído) e en Laracha.
Apoveitamento de baleiros urbáns
Mais que propostas fas para que zonas de Coruña? Eu, por exemplo, propuxen que espazos de beirarrúas estreitas que se volven sen sentido ningún enormes e que non se usen se usasen para zona verde e estacionamento. Ti que lugares ves que poderían ter que tipo de usos? Ese exemplo que sinalas de Vigo está moi ben, permite sentar, ter sombra e sol dependendo da hora, descansar antes da subida se es vello etc. Mais, en Coruña, que propostas e zonas pensas? Dígoo porque non todos os barrios teñen as mesmas necesidades. Gustaríame entender a túa proposta de xeito concreto.
Crear aparcamientos subterraneos
Estaría conforme se a túa proposta fose crear varios niveis de aparcadoiros PÚBLICOS E DE BALDE para os veciños dunha zona. Por ejemplo, é posíbel facer iso nas Cunchiñas, onde hai un aparcadoiro que custa unha millonada e onde non hai apenas carros, mentres a xente fóra dá voltas e voltas para aparcar. O mesmo pasa pola zona da Torre en Monte Alto. Fáltache engadir este detalle porque, do contrario, a resposta vai ser na liña de pedro_catr, con todo o sentido do mundo. Hai máis Coruña debaixo que arriba. O que se necesita é mellorar o transporte público, o acceso a pé e en bici. Despois, se temos cinco carros nunha familia de catro, igual o problema é noso. Con todo, agora que os temos, deberiamos poder estacionalos de balde e sen pagar. Se a túa proposta chega a porto, eu defendería que eses aparcadoiros fosen públicos.
Una estacion de BiciCoruña en Elviña
Non se se continúa activa, mais había unha exposición no Obelisco onde contaban que todo isto xa está en marcha. As bicicletas eléctricas chegarán (seica) antes de final de ano, con moitas máis estacións. Por exemplo, chega a Pablo Picasso e tamén aos polígonos industriais! As bicis novas eléctricas teñen unha cestiña flexíbel, que se adapta ao bolso que leves ou á mochila, porque son como dúas gomas elásticas... Permíteche ir á compra daquela maneira. A min os cestos que hai agora parécenme mellores, mais non podes comprar un mundo, claro. Dende Casares Quiroga á estación de Ferrocaril, autobuses ou á biblioteca González Garcés non tardas nada. Debería haber estacións preto de todas as zonas, mais xusto nesa zona hai bastantes preto. Onde non había era por Pablo Picasso, Birloque etc. A ver se se dignan.
Mejora de seguridad peatonal en túnel de Avenida de Ferrocarril
non entrarían, así que habería que limitar a altura dos vehículos. Se se chega a isto, a circulación que pasa por aí en camión sería afectadísima, así que non me parece nin cómodo nin viábel. Máis ben considero mellor facer un carril central que funcione por quendas. Así os peóns non están afectados e os carros están regulados e non poden coller tanta velocidade. Sobre esta última, a liña 5 pasa por aí ás veces que non quedei sen cabeza de milagre porque, insisto, teño que levar a cabeza para fóra da beirarrúa porque non entro.