A Porta Aberta

Volver

Mellorar o uso recreativo do Parque de Bens

vecino vecino  •  07/06/2016  •  Bens – Mazaído - Comeanda – Urbanización Gatón  •    7 comentarios

Código da proposta: 8

Facer un proxecto de mellora do Parque de Bens que permita potenciar o seu uso. Por exemplo xa que o Parque de Bens é moi visitado polos donos de cans dotalo de bebedeiros para cans, unha zona canina ou un circuito de agility para cans,  ademáis de dotalo doutros usos recreativos como poidesen ser zonas de merendeiros, máis zona arbórea ou un servizo de cafetería, etc.

Informe de custo

O noso equipo técnico considera esta proposta VIABLE segundo o seguinte informe: "Ao tratarse dun parque de gran extensión, si sería viable realizar este proxecto. O custo dependerá exclusivamente do número de metros cadrados destinados para ese efecto, o cal ten incidencia na determinación do número de bebedoiros e dos aparellos para a pista de agility e na extensión do valado. - Pista de Agility para cans entre 8.000 e 12.000 euros - Instalación de bebedoiros entre 500 e 3.000 euros - Instalación de paneis Informativos 3.000 euros - Valado da zona mediante malla metálica e acondicionamento do terreo 12.000 euros - Mobiliario urbano (papeleiras bancos etc..) entre 15.000 e 25000 euros Na actualidade o Concello está a desenvolver un Proceso Participativo para pensar coa veciñanza os usos do Parque de Bens. Proceso que ten prevista a súa finalización a finais do mes de setembro. http://www.coruna.gal/servlet/Satellite?c=Page&cid=1453599409457&pagename=Participacion%2FPage%2FGenerico-Page-Generica Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas no vindeiro ano.

instalacións ao aire libre árbores espazo canino animais

Comentarios (7)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • monicamaria75
    monicamaria75  • 19/06/2016 19:51:27

    Un parque como dios manda na Coruña,libre de correas ,como se ven facendo desde fai 11 anos,deixando solo a zona de nenos e o gimnasio acotados.Poñer papeleras,un agility e Xa que nos vades prohibir que os cans se bañen na fuente e na cascada poder algo no que os cans no verán poidan refrescarse.

    Sen respostas
  • antolin
    antolin  • 10/06/2016 12:53:26

    Dacordo. Eu engadiría que habería que facer unha labor de rehabilitación de especias autóctonas sustituíndo a zona de eucaliptos por especies autóctonas de folla caduca.

      • jmcl2016
        jmcl2016  • 03/09/2016 13:17:58

        no creo que haya que sustituir los eucaliptos,muchos crecen en zonas de roca en donde no creceria otros arboles y serie una pena sustituir un bosque adulto por ejenplares jovenes,pero si que se podria plantar mas arboles autoctonos en las zonas donde ahora no hay nada o entre los eucaliptos en donde el terreno tenga la suficiente profundidad.

        Sen respostas
  • natalia_san_vicente
    natalia_san_vicente  • 19/06/2016 17:03:30

    É un parque que na actualidade ten unha división na que tanto familias con cans, coma sen elas poden aproveitar o espazo. Precisaría mellorar os accesos, transporte público.... e facer por favorecer a convivencia, dados os escasos espazos que temos na cidade para que os nosos animais poidan correr en liberdade.

    Sen respostas
  • s10p14
    s10p14  • 08/07/2016 13:15:31

    Se vades prohibir que os cans poidan refrescarse na fonte e na cascada, facede algo para que poidan bañarse, xa que no verán fai calor e non podemos levalos a praia e non hai onde refrescalos.

    Sen respostas
  • 34899359
    34899359  • 28/09/2016 01:26:51

    Maior promoción do parque, porque acode pouca xente, a maioría con cans, polo que é lóxico que se incida neste colectivo. Sustitución de eucaliptos por especies autóctonas e instalación baños públicos (creo que non hai moitos, aínda que non estou seguro). Mellor sinalización de entradas e saídas e limpeza de camiños de acceso dende Visma.

    Sen respostas
  • Beatriz_1
    Beatriz_1  • 22/09/2016 21:09:42

    Podria pedir que se revisara y arreglaran desperfectos de la zona deprotiva . Seria una pena que se empezara a descuidar, que ya lo está...antes de hacer cosas nuevas deberíamos revisar lo que hay. Y si , los perros tienen un sitio estupendo que podemos compartir los que no lo tenemos mascotas. A mi no me molesta que se refresque en la charca.

    Sen respostas