A Porta Aberta

Volver

Carril bici por zonas peonís.

Usuario eliminado  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  •    3 comentarios

Código da proposta: 57

En Coruña hai cada vez máis zonas peonís. É natural que os usuarios de bicicleta vaian por estas rúas para evitar o perigoso tráfico pero isto provoca tamén un perigo para os peóns. Propoño que todas as rúas peonís teñan un carril bici de dous sentido polo que as bicicletas poidan ir sen molestar os peóns. Este carril deberá estar ven sinalizado para que os peóns o identifiquen doadamente e non camiñen por él. 

Informe de custo

O noso equipo técnico considera esta proposta VIABLE segundo o seguinte informe: "Estímase que sería factible marcar un eixo nas rúa peonís incluídas na rede principal de carril bici, para que sirva de referencia aos ciclistas, aínda que nestas rúas a preferencia sería sempre peonil. A marcación poderíase realizar mediante chatolas separadas uns 2 metros. As rúas peonís incluídas no ámbito da rede principal do carril bici supoñen 10,2 km. O orzamento para a subministración e colocación das chatolas sería de 170.000 €." Agradecemos a túa participación no programa de Orzamentos participativos e esperamos contar contigo nas vindeiras edicións.

carril bici

Comentarios (3)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • javi
    javi  • 04/07/2016 21:19:41

    Lo veo peligroso para los peatones e innecesario dado que las calles peatonales suelen estar encuadradas en barrios donde las calles aledañas son zona 30 y con facilidad para que las bicicletas circulen.

    Sen respostas
  • mjj.berrozpe
    mjj.berrozpe  • 08/07/2016 11:31:42

    Agradezo a tua proposta, pero como biciurbanita, prefero primar beiraruas mais amplias e limitar o acceso dos carros privados os centros neuralxicos, cun carril bici separado dos carros.. Supon menos peligro para peons e ciclistas. E fomentar o transporte urban (bus, tranvía eléctrico, mercancías)

    Sen respostas