A Porta Aberta

Volver

O GRAN BOSQUE DA CORUÑA

chiscoreyped@gmail.com chiscoreyped@gmail.com  •  08/06/2016  •  Toda a cidade  •    49 comentarios

Código da proposta: 56

Visto que na Coruña cada vez domina máis o cemento, claro exemplo o temos na zona da Mariña, e que os máis importantes urbanistas xa dixeron no seu momento que Coruña necesitaba máis zonas verdes, a miña proposta vai encamiñada a solucionar dúas cousas dunha vez. Por unha banda, rematar a musealización do abandoado Castro de Elviña, e por outra facer na súa entorna, sobre todo na ladeira do monte que baixa cara a POCOMACO e cara a Feans, un gran bosque de especies autóctonas. Imaxinade o que pode significar para o futuro da cidade contar con esa gran masa verde pola que poder pasear, sair a correr, facer percorridos en bici, observar algunha fauna en liberdade, etc, etc. e todo libre de vehículos e ruido. Antes de que chegue a especulación urbanística a esta zona, non deberíamos deixar pasar esta oportunidade única que aínda temos de deixar aos nosos fillos unha zona da que sentirse orgullosos e da que poder disfrutar á porta de casa.

Informe de custo

O orzamento desta proposta, que se estima VIABLE, calculouse exclusivamente en relación coas actuacións necesarias para a creación do bosque autóctono nas zonas sinaladas. Para unha cuantificación do número de exemplares que se podería plantar calculouse un prezo medio 'tipo' de plantación de arbotado en zonas axardinadas e parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. Tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (14/16 e 12/14), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arborado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes á enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (volume de plantación maior a 2 m3, utilización de anclaxes e drenaxes, mellora do subsolo se fose preciso, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 1.630, cunha pinza que podería variar entre un mínimo de 1200 e un máximo de 2000 ejemplares. En canto as restantes actuacións incluídas na proposta, informámoslle de que o Servizo de Cultura iniciou este mes o proceso de licitación da última fase das obras de escavación e consolidación do xacemento arqueolóxico de Castro de Elviña, contempladas no Proxecto Artabria. As obras teñen un orzamento de licitación de 824.777,61 € (IVA incluído) e contemplan a ampliación dalgunhas áreas de escavación e a consolidación da totalidade das estruturas descubertas nas campañas de escavación realizadas ao longo dos últimos anos. Paralelamente, o Servizo de Cultura ten previsto realizar un Plan Director do Castro de Elviña así como levar a cabo un contrato de mantemento da vexetación do Castro de Elviña. O Castro de Elviña conta xa cun plan director e un plan de musealización. Porén, dado o tempo transcorrido desde a súa elaboración e as transformacións producidas no xacemento e o seu entorno desde entón, semella recomendable realizar cando menos unha readaptación dos mesmos. Ademais, ambos documentos baséanse na construción de grandes equipamentos culturais, cun custo superior aos 20 millóns de euros, cando o actual escenario económico parece aconsellar outras alternativas mais económicas e sostibles. A finalización das obras de escavación e consolidación, durante o segundo semestre de 2017, e a elaboración do novo plan director deberían permitir abordar a partir de principios de 2018 a execución do proxecto de musealización e a posta en marcha dun plan de difusión e a apertura do parque en horario diúrno para o disfrute da cidadanía. Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar contigo de novo na vindeira edición do ano que vén.

espazo cultural árbores zona verde

Comentarios (49)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • eru
    eru  • 20/07/2016 23:00:32

    Lllego tarde para apoyar pero no para aportar.
    Lo primero es en cuanto al coste, se podria abaratar mucho usando voluntarios y no me cabe duda que muchos estariamos encantados de participar en algo asi.
    Lo segundo que puedo aportar es decir que el bosque autoctono que se propone no tiene nada que ver con los bosques de eucaliptos que ya hay, el eucalipto resulta toxico para casi todas las especies animales y vegetales autoctonas, los bosques de eucalipto son autenticos desiertos verdes que empobrecen y envenenan la tierra y es una autentica desgracia que se haya cubierto Galicia con ellos.

    Ocultar 1 resposta
  • chiscohch@mundo-r.com
    chiscohch@mundo-r.com  • 08/07/2016 18:27:52

    Grazas a tod@s os que estades apoiando esta iniciativa. A verdade é que gañe quen gañe, o que se saca en claro só con lér os títulos das propostas é que os Coruñeses queremos e necesitamos unha cidade máis verde e máis humana. A miña proposta do Gran Bosque non é máis que a recollida de moitas conversas que teño con coñecidos cos que comparto actividades e aficións, e todos votamos de menos moito máis verde, pero non en horizontal, senón en vertical, árbores, bosque en definitiva. Grazas de novo.

    Sen respostas
  • jmbello
    jmbello  • 07/07/2016 01:50:02

    O Plan Director foi promovido polo Concello da Coruña como un máis dos documentos que se elabouraron no seu momento e que foron continuamente actualizados, asumidos e integrados, superándoos, nos seguintes, pero sempre respectando as liñas fundamentais que son de plena actualidade. A ver se mañán podo deixar enlaces aos outros documentos, como o proxecto de parque e musealización feito entre a Universidade de Barcelona e o Museo Arqueolóxico de San Antón (institución que desde a súa fundación pelea e sigue a pelear porque a cidade pule polo castro, dirixe as escavacións cando a deixan, estuda, publica e exhibe os achados), ou o Plan Especial de Protección feito por Urbanismo. Penso que son todos de sumo intrese para a proposta, que secundo, faltaría máis :-)

    Sen respostas
  • elenahache
    elenahache  • 06/07/2016 12:37:19

    Sería genial tener algo así en la ciudad, una especie de Central Park coruñés que nos dé oxígeno, donde ir a pasear, correr, hacer ejercicio... Además, revalorizaría toda esa zona.

    Ocultar 1 resposta
      • chiscohch@mundo-r.com
        chiscohch@mundo-r.com  • 07/07/2016 09:10:23

        Grazas polo teou apoio elenahache. Sería un soño que se realizase, as masas arbóreas sempre son ben vidas e quedan para o futuro

        Ocultar 1 resposta
          • lodas
            lodas  • 11/07/2016 16:07:25

            Bueno, no he leído todas estas opiniones, pero quiero dejar la mía también:
            Opinión: No estoy para nada en contra de un GRAN BOSQUE para la ciudad, pero pienso que hay propuestas más importantes y me asombra que esté en primer lugar, para mí es más importante una propuesta de protección ciudadana, seguridad, ayudas, etc.

            Ocultar 1 resposta
              • chiscohch@mundo-r.com
                chiscohch@mundo-r.com  • 11/07/2016 19:40:36

                Grazas lodas pola túa opinión. O que comentas é certo, pero temos que pensar en que esta proposta ben levada pode xerar riqueza e imaxe para a cidade, o que redundaría en máis ingresos municipais que poder dedicar a ayudas para a cidadanía.

                Ocultar 1 resposta
                  • aleixo_varela
                    aleixo_varela  • 12/07/2016 21:51:42

                    Sen intención de manifestarme contrario á iniciativa, non vexo de qué modo a proposta podería xerar riqueza ata o punto de conseguir incluso un retorno económico, descontados os gastos de mantemento. De feito non coñezo ningún parque ou zona verde de libre acceso que consiga tal cousa. Os beneficios dun bosque urbán ser recibidos polas vindeiras xeracións, pero non serán en forma de cartos públicos.

                    Ocultar 1 resposta
                      • chiscohch@mundo-r.com
                        chiscohch@mundo-r.com  • 13/07/2016 08:59:18

                        aleixo_varela, grazas polo teou punto de vista, pero pensa que a torre, as galerías da Mariña, as praias e os puntos máis característicos de Coruña en xeral non xeran uns ingresos directos para o Concello (excecto a torre que se cobra unha entrada). Pero están ahí e atraen moitos visitantes e todos saen encantados coa cidade. Todos estos visitantes atraídos polos encantos da cidade deixan uns ingresos na economía local que redundan nun riqueza para a cidade. Imaxina rematar a musealización do Castro de Elviña e facer na súa entorna o maior bosque urbán, xa non digo de Galicia, senón de España, eso sería un foco de atracción de máis visitantes que deixarían ingresos na economía local.

                        Ocultar 1 resposta
                          • lidiabl
                            lidiabl  • 21/09/2016 15:28:05

                            Hola! Con tanto ajetreo me veo obligada a comentar y más cuándo la zona de la que se habla es mi casa😊 Primero decir que apoyaría cualquier opción de las que generan más o mejores espacios verdes pero he de defender ésta en concreto.
                            Todas las semanas al menos un día bajo a pasear por la zona de la Universidad, Castro, Mesoiro-Feans, si sabes por dónde ir puedes darte un buen paseo por toda esa zona sin tener que cruzar la terzera ronda o cualquier otra carretera en modo kamikaze, hay rincones y senderos preciosos en los que no oyes ni un susurro y tienes otro punto de vista de la ciudad, te cruzas con 3 o 4 personas que a pesar de qué no conoces os saludais; por supuesto hay animales al igual que huertos y ninguna papelera (llevaros una bolsita para la basura en la mochila😉)
                            Cómo llegar, que parece ser que estamos en Mordor y es imposible llegar hasta aquí jajaj líneas de bus: 24, EU, 23, 23A,21,5 en coche: ya se os han olvidado los famosos aparcamientos disuasorios?

                            Sen respostas