A Porta Aberta

Volver

Más árboles en el área urbana

vidanueva vidanueva (Reforesta Coruña)  •  23/06/2016  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código da proposta: 514

Aumentar al menos por dos el número de árboles en toda el área urbana es algo factible, necesario y economicamente viable. Gracias.

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica e sen caracterización cualitativa nin cuantitativa. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" segundo os lugares de plantación posibles, que habería que determinar no momento de execución desta actuación. O prezo de plantación de arbolado non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca disponibilidad de espazo adecuado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos, con maior disponibilidad de espazo de plantación, subsuelo adecuado e acceso a rego. A estimación económica do prezo unitario de arbore plantada ten que ser diferentes tamén en zonas periféricas, bordes viales, parcelas municipais de espazos libres sen urbanizar, etc.. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en rúas, 14/16 en parques e zonas verdes urbanas e 12/14 en zonas pouco accesibles), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidades e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes, dotación de sistemas de autorego para os primeiros meses, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 1.125 árbores en áreas de todo tipo, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Nons obstante, a pinza podería variar entre un mínimo de 350 e un máximo de 2000 exemplares. Grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver a contar coa túa colaboración na edición do ano que vén.

Comentarios (1)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.