A Porta Aberta

Volver

Mellorar o mobiliario e o pavimento da cúpula de Eirís

carolina_martinezg carolina_martinezg  •  23/06/2016  •  Eirís de Arriba – Casanova de Eirís  •    3 comentarios

Código da proposta: 505

Actualmente a cúpula de Eirís ten un mobiliario que dificulta o encontro das persoas pola escasez e pésima distribución. Ademáis pérdese moito espazo cunha zona de prantas que ao meu gusto non favorece o clima do espazo e normalmente a xente aproveita, cando chove, en deixar que cans fagan as suas necesidades alí. O mesmo pasa co pavimento, que ao ser de gravilla, pois invita aos donos dos cans a que deixen aos animáis a mexar e cagar alí, atopandonos as outas usuarias con situacións desagradables alí. 

Pido que se reestudie a distribución de mobiliario, e se poida cambiar o pavimento para que a conservación sea baixa e non invite a que caguen cans alí. 

 

Informe de custo

Segundo a descrición da proposta, que se estima VIABLE, valórase a substitución dos actuais bancos en distribución radial por outro de tipo corrido e circular concéntrico á actual xardiñeira até igualar o número de prazas que existe actualmente. Isto tería un custo aproximado de 5.000 €. En relación á nova pavimentación, a substitución da actual areaa/grava por unha lousa de formigón valórase en 10.000 €. O orzamento total da proposta estímase en 15000€. Moitas grazas por colaborar nos Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas na vindeira edición o ano que vén.

animais zona verde mobiliario urbano

Comentarios (3)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.