A Porta Aberta

Volver

Invernadoiros públicos

carolina_martinezg carolina_martinezg  •  22/06/2016  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código da proposta: 453

Esta é unha idea extraida de Estocolmo (1) onde hai uns invernadoiros reconvertidos en viveiros. A idea sería poder ter lugares onde plantar en inverno, facer obradoiros de cultivo, e un espacio de esparcimento ao seu redor, con cafetería e xardíns, lugar de concertos, etc...sería unha boa idea para colocar nun gran parque da cidade.

(1) http://www.visitstockholm.com/en/Eat--drink/Cafes/rosendals-garden-cafe/ 

http://www.visitstockholm.com/en/Eat--drink/Cafes/rosendals-garden-cafe/

Informe de custo

Esta proposta foi considerada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Esta actuación podería levarse a cabo en aqueles parques nos que, pola súa extensión e amplitude, son susceptibles de acoller instalacións deste tipo. Por exemplo, o Parque de Eirís, o Parque de Bens ou o Parque do Monte de San Pedro. Así mesmo, se os módulos a instalar non son moi grandes, tamén se poderían poñer no Parque de San Diego e en Novo Mesoiro (este último require acondicionamento do terreo pola acusada topografía: formación de bancais). Existen solucións interesantes de tipo modular que poden ser ampliadas según necesidades e o seu deseño se adaptaría perfectamente á sua instalación nun parque urbano constituíndo un valor engadido como elemento focal de interese. A estimación económica do custo dos invernadoiros baséase exclusivamente no volume construído de invernadoiro, sen ter en conta outros traballos que poden ser necesarios (acometidas, accesos, acondicionamentos do terreo, muros de contención...). O prezo aproximado dun invernadoiro tipo túnel de plástico de uns 200 m2, con solo interior de terra e preinstalación de rego, é de 14.000 euros. No caso de invernadoiros tipo capela a dúas augas de 200 m2 y paneis de vidro, con solo interior de terra e preinstalación de rego, o prezo aproximado sería de 52.000.-€ (IVE incluído). Tómase como referencia para o cálculo do custo do investimento este último dato." Moitas grazas pola proposta realizada. Esperamos contar coa túa participación na convocatoria de Orzamentos Participativos do ano que vén.

hortos urbanos instalacións ao aire libre zona verde

Comentarios (0)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.