A Porta Aberta

Volver

Aumentar la cantidad de árboles en las calles de la ciudad

jlb1967 jlb1967  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código da proposta: 442

Recuperar zonas verdes que la anterior corporación municipal ha convertido en cemento.

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica, céntrase en zonas consolidadas da cidade. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" segundo os lugares de plantación posibles, que habería que determinar no momento de execución desta actuación. O prezo de plantación de arbolado non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo adecuado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos, con maior dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso a rego. A estimación económica do prezo unitario de árbore plantada ten que ser diferente tamén en zonas pavimentadas sobre espazos edificados (aparcadoiros subterráneos, túneles…) ou en zonas periféricas, bordes viais, parcelas municipais de espazos libres sen urbanizar, etc.. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en calles, 14/16 en parques e zonas verdes urbanas e 12/14 en zonas pouco accesibles), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes, dotación de sistemas de autorrego para os primeiros meses, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 700 árbores en áreas de todo tipo, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Non obstante, a pinza podería variar entre un mínimo de 350 e un máximo de 1400 exemplares. Grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver a contar coa túa colaboración na edición do ano que vén.

árbores zona verde

Comentarios (0)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.