A Porta Aberta

Volver

Carril bici

josagon josagon  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  •    2 comentarios

Código da proposta: 423

Señalizacións horizontais e verticais no carril bici. Só  os extranxeiros ceden o paso ós peóns no carril bici cando cerran os semáforos e os peóns están a cruzar. Faltan as señalizacións que indiquen ós peóns a prohibición de pasear polo carril bici e as que lles indiquen ós ciclistas a obriga de cede-lo paso ós peóns cando éstes crucen polo sitos frente ós pasos de cebra..

Informe de custo

O noso equipo técnico estima esta proposta VIABLE en base ao seguinte informe: "Proponse a mellora da sinalización tanto horizontal como vertical do carril bici do Paseo Marítimo. Para reforzar a sinalización e mellorala coa finalidade de obter un maior índice de seguridade, proponse reforzar mediante sinalización vertical cada un dos 44 pasos de peóns existentes ao longo do 8,5 km do carril bici que discorre polo Paseo Marítimo. Do mesmo xeito, esta actuación compleméntase coa marcaxe no chan das prioridades de paso nos posibles puntos de conflito entre peóns e ciclistas e reforzaríase a marcaxe das liñas lonxitudinais que delimitan o carril bici. Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos a túa colaboración nas seguintes edicións do programa nos vindeiros anos.

carril bici sinalización viaria

Comentarios (2)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Marcosrodriguez
    Marcosrodriguez  • 07/07/2016 18:22:53

    Los extranjeros,si son Europeos no creo que cedan el paso a nadie ,en Europa tiene casi siempre preferencia la bici ,no hay pasos de cebra en el carril bici ,pero en España tampoco existe mucho yo creo,dudo que se puedan hacer con el código de circulación en la mano.Los que hay aquí no creo que tengan validez.

    Sen respostas