A Porta Aberta

Volver

Sustitución dos wáteres químicos e de plástico das zonas turísticas da cidade.

ramon61 ramon61  •  21/06/2016  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código da proposta: 421

Sustitución dos horrorosos e pestilentes wáteres químicos e de plástico por outros coma o existente no parque de Bioño por exemplo, con autolimpeza e auga corrente, que de outra imaxe a vergonzosa que están a dar en lugares tan turísticos coma o CASTELO DE SAN ANTÓN, ESTATUA DA VIRXE DO CARME no Parrote, e o mesmísimo aparcadoiro da TORRE de HÉRCULES.

 

Informe de custo

O equipo técnico municipal estima esta proposta VIABLE segundo os seguintes termos: "A petición do aseo automático no Castelo de Santo Antón é imposible de atender pois alí non existe rede de saneamento municipal. Si é posible no contorno da estatua da Virxe do Carme, pero habería que ubicalo preto da nova estación de bombeo executada pola Autoridade Portuaria, concretamente diante dos edificios das instalacións náuticas deportivas do Casino e do Náutico. Con respecto ao aparcadoiro da Torre de Hércules, poderíase ubicar preto da entrada da Cidade Deportiva da Torre, pois alí si hai rede de saneamento. Orzamento: - 1 ud. subministro aseo automático..............................................................................................45.000 € - 1 ud. de acometidas (eléctrica, de auga e sumidoiros).....................................................20.000 € TOTAL........................................................................................65.000 € 2 X 65.000 = 130.000 € 21% IVE...............27.300 € TOTAL.................157.300 €". Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa achega na vindeira edición.

baños públicos mobiliario urbano

Comentarios (1)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.