A Porta Aberta

Volver

ILUMINACION DA PISTA CIRCUITO DEPORTIVO

avvnovomesoiro avvnovomesoiro (AVV NOVO MESOIRO)  •  16/06/2016  •  Novo Mesoiro  •    1 comentario

Código da proposta: 260

Iluminacion da pista de CIRCUITO DEPORTIVO, que hai entre a rúa Illa Sálvora e o parque de Novo Mesoiro.

A existencia deste Circuito Deportivo que ten o barrio  para poder correr e facer exercicio o aire libre, ten unha carencia fundamental, que non ten iluminación, iso provoca que nos mesmes de pouca luz (uns 7 meses o ano) non se poda realizar deporte alguno a partires das 18:00 da tarde. Sempre nos venden que teñamos unha vida saludable, e neste caso está limitandos a usar este circuito so en tempada de verán onde a luz natural permite compaxinar o deporte o aire libre coa nosa vida laboral.

Por iso pedimos a Iluminación de todo o Circuito Deportivo, limitando este iluminación a un horario, nos meses de maior luz natural ata as 24:00 e e nos de pouco luz ata as 23:00. O gasto de luz sería pouco xa que os mesmes con moita luz estarían encendidas só un par de horas e no resto pouco máis de 4H.

 

 

Informe de custo

Esta proposta é VIABLE segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "En relación á iluminación do contorno da pista do coñecido como Circuito Deportivo Novo Mesoiro, infórmase que existe un proxecto municipal de título "Proxecto de Iluminación de Zonas Verdes en Novo Mesoiro" (OBR-47/14) que dá satisfacción á devandita proposta. A instalación estaría formada por un novo centro de mando que alimentaría un total de sesenta (60) novos puntos de luz de tecnoloxía led con potencias unitarias de 34w e temperatura de cor branca cálida a implantar sobre columnas de 4,5 metros de altura. Ademais, proxéctase a substitución de 19 luminarias existentes na parte alta do contorno dotadas de lámpadas de descarga por outras con tecnoloxía led, aproveitándose neste caso os soportes existentes. Segundo o proxecto, a instalación funcionaría en modo regulado entre as 0.30 h e as 6.30 h, e ao 100% o resto do horario nocturno. O orzamento base de licitación do citado proxecto é de 186.993,10 euros. Moitas grazas por participar neste proxecto e esperamos contar coas túas achegas na vindeira edición.

iluminación pública equipamento deportivo

Comentarios (1)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.