Código da proposta: 258
Crear unha pista multideportiva onde se poda patinar, facer skate, ou andar en bici e correr para nen@s pequen@s . La pista estará situada na Rua Ancares a altura da pista de Futbol da Fundación Johan Cruyff. A pista poderia ser cuberta por arriba e aberta polos lados, para poder usala cando chova, esta cuberta se realizaría sempre e cando non moleste a edificio continuo. Decir que esta pista estaba orzamentada xa nos presupostos do 2015 polo Concello da Coruña e que nunca se levou a cabo. Adxunto unha foto como unha proposta que se fixo por unha organización política no seu momento para o barrio de Adurmideiras.
O equipo técnico municipal considera esta proposta VIABLE segundo o seguinte informe: "Unha pista semellante á de skate construída no barrio dos Rosais, cunha superficie aproximada de 2.100 m2 e que polas súas características podería servir para todos os usos propostos, acadaría un importe de 150.000 €, polo que tendo en conta que o importe máximo do programa é dun millón de euros, resulta perfectamente viable a súa construción". Moitas grazas pola túa participación nos Orzamentos participativos e esperamos volver contar coas túas achegas na vindeira edición do programa o ano que vén.
Comentarios (2)
Esta claro que no barrio con maior natalidade de Galicia ten que haber un espacio no que os rapaces poidan desenrrolar actividades físicas alem dos parques infantís.
+1