A Porta Aberta

Volver

Reforma e humanizacion Calle Barcelona

miguel78cr miguel78cr  •  14/06/2016  •  Agra do Orzán  •    6 comentarios

Código da proposta: 238

A ultima reforma, barata e mal feita, debe ser remendada cunha actuacion que humanice a via peatonal de maior densidade de Galicia, cun diseño que conxugue a dinamizacion do entorno nun espazo que entremezcle materiais nobres e vias verdes, achegando a un barrio obreiro como o Agra un espazo digno de admiracion.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada INVIABLE por acadar menos de 26 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, foron enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a presentar as túas propostas na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todos e todas queremos.

zona verde mobiliario urbano

Comentarios (6)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • vpv
    vpv  • 21/06/2016 13:18:58

    propoño mellorar o pavimento xa que resulta moi esbaradizo coa choiva...
    no que respecta aos semaforos peonís, deberíase instalar algún sistema que detecte o paso de peóns ou coches a determinadas horas da tarde/noite; ou un pulsador para demandar o paso e non facer agardar a ninguén cando non hai xente na rúa.

    Sen respostas